O GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA DENUNCIA A “ALEVOSÍA VERANIEGA” DO PP AO LICITAR O SKATEPARK DE CANIDO SOBRE UN LUGAR DE MEMORIA DEMOCRÁTICA
Os socialistas acusan ao alcalde de usar as vacacións estivais para impoñer un proxecto conflictivo que xa fóra rexeitado en pleno hai un ano.
O grupo municipal critica a estratexia de confrontación perpetua a menos dun ano das eleccións.
FERROL, 7 de xullo de 2026 — O Partido Socialista de Ferrol denuncia públicamente a “alevosía e a falta de respecto” do goberno local do Partido Popular tras sacar a licitación as obras do skatepark no parque Antón Varela do barrio de Canido. O proxecto contempla que sexa levantado ao carón dun espazo especialmente sinalado da Memoria en Ferrolterra e a piques de que a cidade sexa declarada oficialmente como Lugar de Memoria Democrática.
O PSOE vén de criticar con dureza que o Partido Popular reactive este plan precisamente en pleno verán e exactamente un ano despois de que o Pleno municipal debatira a protección deste entorno e pedira o cambio de emprazamento deste proxecto.
“Este movemento que fai agora o PP, responde a unha táctica deliberada para evitar a contestación social e impedir que a ciudadanía tome cartas nun asunto tan sensible como este” declarou a concelleira socialista Montserrat Dopico.
“O Partido Popular volve a actuar polas costas e con nocturnidade como xa fixo o ano pasado co traslado do arquivo municipal”. Utilizar o mes de xullo para reactivar un proxecto conflictivo é a proba de que o alcalde sabe que está a pisotear a sensibilidade dos veciños e dos colectivos memorialistas de Ferrol”, continúa a edil socialista. “Non é casualidade que fagan isto a menos dun ano das eleccións municipais, están calentando motores para anunciar que o seguinte, se gaña o PP, será anular a Lei de Memoria Histórica Democrática”.
Para a concelleia do PSOE , o Partido Popular non ten proxecto de futuro para Ferrol e “a súa única estratexia é a confrontación ideolóxica perpetua. Prefiren encender debates estériles e fracturar á sociedad civil en lugar de sentarse a dialogar e buscar un consenso sobre o que representa a memoria democrática”.
Os socialistas recordan que o parque Antón Varela é un símbolo de dignidade e recordo para as preto de mil persoas víctimas do franquismo na comarca nos primeiros días do golpe de Estado; un espazo que debería ser protexido como así se manifestou ademáis de no pleno no Consello Municipal da Memoria constituido en Ferrol.
Os socialistas esixen a paralización inmediata da licitación e a abertura dunha mesa de diálogo real, para o que veñen de solicitar a convocatoria urxente do Consello de Memoria Democrática xunto co resto de grupos da oposición, colectivos e historiadores que o conforman.
“Non nos opoñemos, como xa foi manifestado no pleno de xuño do año pasado, afirma Dopico, a súa construcción senón que defendemos que existen alternativas de ubicación para as instalaciones que sexan respectuosas con este espazo da Memoria da nosa cidade”.
Palabra clave
También te puede interesar...
RRSS