O PSOE de Ferrol reprocha a Rey Varela que volte ao «urbanismo dos anos 90» coa estrada de Castela e esixe unha verdadeira humanización da vía.
Julián Reina lembra que o PP bloqueou no anterior mandato un proxecto transformador financiado con fondos europeos para limitar agora a súa intervención a un simple asfaltado
Ferrol, 12 de agosto de 2026. O concelleiro do Grupo Municipal Socialista no Concello de Ferrol, Julián Reina, criticou hoxe duramente a decisión do goberno local encabezado por José Manuel Rey Varela de limitar a actuación na estrada de Castela a un mero reasfaltado de 660.000 euros, renunciando definitivamente á transformación urbana e sostible que a cidade precisa.
Reina contrapuxo a proposta actual do Partido Popular co proxecto de reurbanización e humanización do primeiro quilómetro desta arteria (no tramo comprendido entre a praza de España e Porta Nova) redactado durante o pasado mandato socialista. Aquela proposta, orzada en 1,45 millóns de euros e respaldada por máis de 1,1 millóns procedentes de fondos europeos EDUSI, tiña como obxectivo igualar a calidade urbana deste tramo coa xa existente a partir do Inferniño.
O proxecto do anterior goberno prevía gañar espazo para os peóns reducindo o tráfico a un único carril de circulación por sentido, ampliando as beirarrúas, renovando a iluminación e introduciendo vexetación e novas especies arbóreas ao estilo do modelo implantado na rúa da Igrexa. Sin embargo, tal e como lembrou o edil socialista, dita intervención non puido executarse polo bloqueo e o rexeitamento político do Partido Popular.
O concelleiro socialista salientou que a estrada de Castela é «unha das arterias de comunicación máis importantes da cidade» e que a súa reurbanización integral, sumada ás obras de transformación das Pías, constituía unha oportunidade histórica para vertebrar Ferrol e igualar os seus barrios.
Dende o PSOE de Ferrol lémbrase que a receita do actual goberno local limítase a aplicar parches sobre o firme mediante fresado e aglomerado, perpetuando un modelo de mobilidade caduco e centrado exclusivamente no vehículo privado, que ignora as necesidades de accesibilidade, zonas verdes e espazos de convivencia para a veñanza do Ensanche, Recimil, Ultramar e San Xoán.
Por todo iso, o Grupo Municipal Socialista insta ao rexedor ferrolán a reorientar a súa política de obras públicas, abandonando a improvisación dos plans de aglomerado e apostando por un deseño urbano moderno, sostible e concibido polas e polas persoas.
Palabra clave
También te puede interesar...
RRSS