CADA DÍA QUE PASA O SR. REY VARELA NA ALCALDÍA AUMENTA A PERIGOSIDADE PARA OS PEÓNS DA NOSA CIDADE.
Basta xa de tomar decisións que aumentan a perigosidade dos peóns na nosa cidade. Ferrol debe priorizar a seguridade dos peóns ante os vehículos.
Ferrol. 6 xuño 2.026.- “No anterior mandato socialista déronse pasos en favor da seguridade dos peóns, tales como pasos de peóns intelixentes, restricción da circulación de vehículos por algunhas rúas, reducción da velocidade axustándose ao recomendado pola Dirección Xeral de Tráfico, sendas peonís, cambio de vías de doble sentido a sentido único…”, afirmou Ángel Mato.
“Non pode ser que o Goberno de Rey Varela estea a botar por terra todo o que tanto custou conseguir no mandato anterior, camiñábamos hacia unha cidade máis segura, máis amable coas personas, unha cidade que invitaba a pasear polas nosas rúas nun entorno seguro, pero todo iso o está eliminando o Sr. Rey Varela con decisións que non fan outra cousa que promover o uso do coche para absolutamente todo”, dixo Mato.
“Tan só hai que dar un paseo pola cidade e ver a desfeita que se está a facer en canto á seguridade peonil en Ferrol dende que goberna o Sr. Rey Varela, sirvan a modo de exemplo os seguintes:
– No anterior mandato reduciuse a velocidade na estrada de Catabois a 30 km/h, a día de hoxe o Sr. Rey Varela ten aumentado dito límite de velocidade casi o doble, ata 50 km/h.
– No anterior mandato instaláronse os tres primeiros pasos de peóns intelixentes, na estrada de Castela, en Canido e na Gándara, a día de hoxe non se instalou nin un máis, aínda que se aprobou continuar coa súa instalación nun Pleno municipal con voto favorable do PP, pero nin así.
– No mandato anterior restrinxíuse a circulación no entorno da Praza de Armas, a día de hoxe o entorno de dita praza ten tráfico continuado pese ao seu alto uso por parte da veciñanza.
– No anterior mandato se dispuxéronse dúas sendas peonís limitando ditas vías a un único sentido, unha en Celso Emilio Ferreiro e outra na rúa Valenta, a día de hoxe ambas están totalmente abandoadas de mantemento e na rúa Valenta o goberno de Rey Varela incluso está barallando volver a poñela de dobre dirección.
– No anterior mandato diseñouse na rúa da Igrexa, acarón do teatro Jofre, unha amplia beirarrúa arbolada, pero o Sr. Rey Varela decidiu que nin árboles nin beirarrúas e a día de hoxe é unha estreita beirarrúa con conos para que non se aparque nas prazas que o Alcalde se “inventou”.
– No anterior mandato pintáronse unha boa cantidade de pasos de peóns con pictogramas para axudar á integración e movilidade autónoma diaria de todas e todos os nosos veciños, pero no goberno de Rey Varela decidiuse repintar ditos pasos de peóns por enriba dos pictogramas e non volver a poñelos.
– No anterior mandato facíase educación vial no Parque de Educación Vial que estaba perfectamente equipado nas instalacións de FIMO, e alí iban a menudo as nenas e nenos dos colexios da nosa cidade, a día de hoxe o Goberno do PP de Rey Varela eliminou ditas instalación sin dar ningún tipo de ubicación alternativa apilando todo o material, coma de fose ferralla, no Sánchez Aguilera.
Estes son tan só algúns exemplos, pero a realidade está nas rúas: os peóns están cada día máis inseguros co Sr. Rey Varela, e ademáis non hai nin a máis mínima intención de mellorar dita situación, senon máis ben todo o contrario, xa que a prioridade que lle dá o Goberno do PP aos coches antes que ás persoas é incomprensible, xa que todas as cidades tenden ó contrario, cara a humanización, pero o Sr. Rey Varela leva á cidade en sentido contrario e pensa que son as outras cidades as que o están facendo mal. Rematou Ángel Mato.
Palabra clave
También te puede interesar...
RRSS