Skip to content

Galego

¡Síguenos!

O PSOE de Ferrol propón un plan de choque urxente para frear o abandono e a inseguridade en Ferrol Vello.

O concelleiro socialista Julián Reina esixe ao goberno municipal medidas inmediatas ante as denuncias da veciñanza sobre a falta de mantemento e a perigosidade nas rúas do barrio histórico.

Ferrol, 9 de maio de 2026. O Grupo Municipal Socialista no Concello de Ferrol presentou unha proposta de plan de choque destinada a reverter a situación de degradación e inseguridade que padece actualmente o barrio de Ferrol Vello. Esta iniciativa xurde como
resposta directa ás queixas trasladadas polos residentes, quen denunciaron publicamente a inseguridade peonil, a falta de iluminación e o preocupante estado de abandono da zona.

O concelleiro socialista Julián Reina criticou a pasividade do actual goberno local, sinalando que “non se pode permitir que un barrio con tanto peso histórico e social continúe sumido no esquecemento”. Para paliar estas deficiencias de xeito inmediato, o PSOE propón as seguintes medidas concretas:

● Instalación de focos provisionais na Praza Vella para garantir a visibilidade e seguridade, ademais da reparación urxente de todos os puntos de luz que se atopan actualmente avariados no barrio.
● Extender o uso da máquina valdeadora a Ferrol Vello, garantindo que o barrio reciba o mesmo tratamento de limpeza intensiva que se aplica habitualmente no barrio da Magdalena.
● Establecer un protocolo de recollida de enseres eficiente e constante para evitar a acumulación de verteduras na vía pública.
● Execución dun plan de limpeza e desbroce de vexetación en solares e espazos públicos para mellorar a salubridade e a imaxe do barrio.

“A veciñanza de Ferrol Vello non pode seguir esperando polas promesas dun goberno que actúa a ritmo de desidia”, afirmou Julián Reina. “O que esiximos é sentido común e xestión: servizos básicos de limpeza, iluminación e seguridade que son obrigación do Concello garantir en todos os barrios da cidade por igual”.


O Grupo Municipal Socialista agarda que esta proposta sexa aceptada e executada con celeridade, devolvendo así a dignidade e a seguridade a un dos barrios máis emblemáticos de Ferrol.

Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes