O PSdeG-PSOE de Ferrol esixirá explicacións polo “fracaso” na cobertura doTribunal Económico Administrativo
Ferrol, 24 de abril de 2026. O grupo municipal socialista no Concello de Ferrol pedirá explicacións formais na comisión do vindeiro martes tras confirmarse que o proceso para a cobertura de tres postos de membros do Tribunal Económico Administrativo (TEAM) foi declarado deserto.
Esta decisión, adoptada polo Goberno de José Manuel Rey Varela con data do 17 de abril de 2026, supón un parón na posta en marcha deste órgano consultivo. O edicto oficial, asinado electronicamente o pasado 20 de abril , confirma que ningunha das candidaturas foi seleccionada para ocupar as tres prazas previstas.
O concelleiro socialista, o Sr. Reina, lembrou que o seu grupo xa amosara dúbidas sobre a viabilidade deste procedemento na comisión celebrada o pasado 17 de febreiro. Naquel momento, os socialistas cuestionaron abertamente as bases e, especificamente, o sistema de retribución proposto polo Goberno local.
Durante aquela sesión, o Sr. Reina preguntou pola compensación económica dos membros, advertindo entón que esta modalidade podería non resultar atractiva ou suficiente para atraer os perfís técnicos necesarios, unha advertencia que hoxe se confirma co procedemento baleiro.
Para o grupo socialista, o feito de que o proceso se declare deserto evidencia un erro de cálculo na convocatoria.
“Xa advertimos en febreiro que as condicións non eran as axeitadas. Agora atopámonos cun tribunal que Rey Varela consideraba imprescindible non pode botar a andar por unha mala planificación”, sinalan dende o grupo municipal.
O PSdeG-PSOE instará ao Goberno local a que aclare na vindeira comisión cales serán os seguintes pasos e se teñen previsto modificar as bases de convocatoria para evitar un novo fracaso administrativo que siga demorando o funcionamento do Tribunal Económico Administrativo
Palabra clave
También te puede interesar...
RRSS