Skip to content

Galego

¡Síguenos!

O PSOE de Ferrol denuncia que Rey Varela oculta a prórroga deCatabois mentres segue centrando a súa xestión en “vídeos deautobombo”

Ferrol, 30 de marzo de 2026. O Grupo Municipal Socialista de Ferrol amosou hoxe a súa indignación ante a “política de escapismo e propaganda” do alcalde, José Manuel Rey Varela. O concelleiro socialista Julián Reina Villalón criticou que, mentres o goberno local oculta desde hai unha semana a aprobación dunha prórroga de tres meses nas obras de Catabois, o alcalde prefira convocar aos medios para presentar “o enésimo vídeo publicitario” en lugar de dar explicacións sobre os retrasos na xestión municipal.


A prórroga, aprobada pola Xunta de Goberno Local, traslada a finalización das obras de
rehabilitación do antigo polígono de tiro ata o 25 de agosto de 2026.


“Hoxe o señor Rey Varela volveu citar á prensa para vender fume co seu enésimo vídeo publicitario, pero seguiu gardando silencio sobre a realidade das obras de Catabois. Levan unha semana ocultando que os traballos van sufrir un retraso de 90 días naturais. É a proba definitiva de que este goberno está máis preocupado pola estética e os likes nas redes sociais que pola transparencia cos veciños e veciñas”, denunciou Reina.


O edil socialista afeou ao alcalde que, desde que se deu luz verde á ampliación do prazo, o Concello enviou 16 comunicados de prensa sen mencionar nin unha soa vez este cambio no cronograma. “Rey Varela utiliza os recursos municipais para a súa estratexia de autobombo mentres agocha debaixo da alfombra calquera dato que poida empañar o seu relato de eficacia ficticia”, engadiu o concelleiro.


O expediente administrativo confirma que a empresa adxudicataria, solicitou a ampliación o pasado 10 de febreiro e a dirección de obra e os técnicos municipais informaron favorablemente á concesión de 90 días adicionais para garantir a calidade técnica dos traballos, pero o Goberno local optou por non facer pública esta decisión.


“É un problema de falta de honestidade política. Ferrol merece un alcalde que informe da realidade das obras, non un que só apareza en vídeos de deseño mentres a xestión real permanece paralizada ou oculta”, concluíu Julián Reina.

Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes