“0S GRUPOS MUNICIPAIS SOCIALISTA, FERROL EN COMÚN EBLOQUE NACIONALISTA GALEGO DENUNCIAN A INVISIBILIZACIÓNDO 8M NO CONCELLO DE FERROL”
“Ata que onte o denunciamos en comisión non existía cartaz, nin campaña en medios de comunicación, nin seguera haberá acto institucional no Concello como cada ano”
“Non entendemos esta actitude do alcalde, non queremos pensar que o PP local estea sufrindo unha deriva negacionista como outros gobernos de dereitas”
Ferrol, 06 de marzo de 2026.- O grupo municipais da oposición de Ferrol denuncian o que definen como un acto insólito no concello de Ferrol: a invisibilización do 8 M. Denuncian que por primeira vez en moitos anos as actividades non se traballaron no Consello da Muller, foro onde as entidades feministas da cidade soen facer ás súas aportación, sendo definidas unilateralmente polo goberno: “cando no día de hoxe ao fin, coñecemos as actividades entendimos o por qué de tanto oscurantismo: eran actividades escasas e o conxunto pouco ambicioso”.
As representantes dos grupos de esquerdas denuncian que as actividades presentáronse tarde (o mesmo día 5) aínda que se preguntara por elas reiteradamente en comisións anteriores, son un copia e pega doutros anos sen ningunha innovación, non van adicadas á poboación xeral e non están alienadas coas reivindicacións propias do 8M: “sentimos que unicamente quixeron cubrir o expediente, desbotando accións que si se levaran a cabo o pasado ano coma a andaina ou a implicación do rural, non tendo ningunha vontade de celebrar a data como un acto reivindicativo e de loita, que é o que significa”
Unha das cousas máis graves, denuncian as Concelleiras, é a falta de imaxe institucional do 8 M: “Ata que onte o denunciamos en comisión non existía nin cartaz propio, nin campaña en medios de comunicación, nin sequera haberá acto institucional no Concello como cada ano, de feito nin sequera existe material para distribuír entre a sociedade, co fin de motivar a celebración do día”.
Mesmo o acto do Jofre, actividade central do 8M, que homenaxeará a María Manuela, organizouse coincidindo en horario coa manifestación feminista da Marcha Mundial das Mulleres, que comeza as 19:00, non dando tempo a poder acudir á mesma sen ausentarse antes do remate do acto, o que é unha falta de respecto a homenaxeada.
“Non entendemos esta actitude do alcalde, José Manuel Rey Varela. Non queremos pensar que o PP local estea sufrindo unha deriva negacionista como outros gobernos de dereitas, que se ven afectados por discursos ultras que atentan sobre dereitos xa alcanzados, polo que animamos a que
reconsidere esta postura e volva a ter na súa axenda o 8M como un acto significativo da cidade” conclúen as concelleiras.
Palabra clave
También te puede interesar...
RRSS