Os socialistas consideran unha burla o uso da choiva como escusa para as fochancas
«Supoño que se refiren a unha chuvia de meteoros», ironizou Julián Reina.
Ferrol, 18 de febreiro de 2026.- A Comisión de Urbanismo desta mañá debateu os traballos de mantemento de estradas realizados na cidade durante o mes de decembro de 2025. O concelleiro socialista, Julián Reina, criticou que: “nas certificacións enviadas pola empresa á que o goberno de Rey Varela encarga a reparación das rúas de Ferrol, podemos ver a ridícula cantidade de reparacións que se fixeron en Ferrol no mes de decembro, que se poden resumir en 41 metros cadrados de reparación de baches con asfalto, 60 metros de reparación de beirarrúas, 39 metros de reparación de laxes de granito, menos de 5 metros de reparacións con laxes de formigón e 1 sumidoiro, o que para unha cidade cunha superficie de 81,9 quilómetros cadrados é claramente insuficiente”.
O grupo socialista tamén criticou o traballo realizado como “chapuza” por dúas razóns: en primeiro lugar, só se repara 1 de cada 20 fochancas da cidade; e en segundo lugar, cando se fan reparacións, fanse mal, xa que a zona a reparar non se limpa nin se prepara, senón que se aplica un pegote de mestura bituminosa e o traballo considérase rematado.
Os socialistas culparon do estado actual das rúas da cidade ao deterioro provocado pola falta de mantemento durante todo o mandato, e ao feito de que o actual goberno qudase sen contrato de mantemento de estradas dende setembro.
Tamén lembraron que naquel momento advertiron das posibles consecuencias dos drásticos recortes que o Sr. Rey Varela pretendía facer na reparación de baches, reducindo o orzamento de 85.000 € a 15.000 € ao mes, o maior recorte da historia para a reparación de fochancas e o mantemento de beirarrúas. Por este motivo, o grupo socialista solicitou un contrato provisional de urxencia mentres se adxudicaba o novo contrato, para evitar o estado actual de deterioro das rúas de Ferrol.
O grupo socialista tamén cualificou o intento de encubrir a falta de mantemento usando a choiva como escusa como unha burla á veciñanza, “Supoño que se refiren a unha chuvia de meteoros” ironizou Julián Reina.
Finalmente, os socialistas consideraron que esta situación é consecuencia de ter un alcalde-senador a tempo parcial, que, mesmo co goberno máis caro da historia e cos máis asesores da historia, é incapaz de manter ó día o mantemento da cidade.
Palabra clave
También te puede interesar...
RRSS