Skip to content

Galego

¡Síguenos!

O PP elimina a pluralidade do Comité de Seguridade e Saúde no Concello de Ferrol e afonda no déficit democrático

Noutro capítulo de déficit democrático que aplica o Partido Popular ao réxime de funcionamento do concello de Ferrol, a concelleira de recursos humanos, Susana Sanjurjo, decide unilateralmente que o Comité de Seguridade e Saúde deixe de ser plural e representativo das forzas políticas e sindicais que desenvolven o seu traballo no Concello de Ferrol, co fin de coñecer as incidencias nese ámbito, as medidas de prevención de riscos e, achegar, con ánimo construtivo, as propostas que garantan un desenvolvemento do traballo cuns parámetros mínimos de seguridade por todo o persoal municipal.

Esta actitude déspota, soberbia e despectiva cos partidos que representan a milleiros de persoas da nosa cidade, non é nova nas formas da concelleira, que, como manifestou publicamente, non está interesada na política, entendendo por tanto, que non lle interesa a democracia, o que demostra día a día cos seus feitos.

Dende que comezou a súa actividade en democracia, no Comité de seguridade e saúde participaron sempre, e sen interrupcións as persoas que designaban cada partido político con representación, ata o de agora, que se suma a decisión de eliminar do debate os asuntos plenarios, non se informa dos asuntos en comisión, non se achega a documentación solicitada, dando vista dos asuntos sen copia, e todas as decisións de cidade, que deberan gozar dun mínimo consenso, se adoptan no seo da Xunta de Goberno Local.

Ferrol, 10 decembro de 2025
NOTA CONXUNTA DOS GRUPOS MUNICIPAIS Ferrol en común, BNG, e socialista.

Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes