O Goberno central permite dedicar o superávit a investimentos para mellorar Ferrol, pero o Goberno municipal de Rey Varela decidiu destinarlo a adiantar os pagos aos bancos.
“Rey Varela renuncia a investir 4,7 millóns en Ferrol para priorizar á banca”.— Rafael Fernández Beceiro, concelleiro do Grupo Municipal Socialista
Ferrol, 9 de decembro de 2025.- O Grupo Municipal Socialista denuncia a incoherencia política do Partido Popular en Ferrol. No pleno do 30 de xaneiro de 2025, o PP levou unha moción reclamando ao Goberno de España aclaracións sobre como podían usar o superávit municipal, especialmente en relación á posibilidade de empregalo en investimentos.
Agora, esas aclaracións xa están plenamente resoltas polo Executivo central mediante o Real Decreto-lei 15/2025, que permite ás entidades locais destinar o superávit de 2024 a investimentos financeiramente sostibles nos exercicios 2025, 2026 e 2027. Sen embargo, antes mesmo de coñecer a resposta á súa propia moción, o Goberno municipal de Rey Varela xa decidira destinar o 100% do superávit de Ferrol a amortizar débeda bancaria, segundo recolle o Informe de Intervención da liquidación orzamentaria de 2024 e o Informe de Tesourería.
“O PP pediu aclaracións para poder investir o superávit… e cando o Goberno de España permite facelo, o PP de Ferrol decide que nin un euro se invista na cidade. Non é Madrid quen lles impide investir: é unha decisión política súa”, afirmou Rafael Fernández Beceiro.
Durante o debate desa moción, o PP asegurou estar a defender ás persoas da cidade. Con todo, non destinan nin un céntimo a investimentos, nin sequera en barrios como Ensanche, Ultramar ou Caranza, que acumulan necesidades evidentes e continúan sen unha soa mellora neste mandato.
“O PP prometeu que 2025 sería un ano importante para Ferrol. Pero, pola súa decisión co superávit, o único importante é o banco. Os barrios quedan sen investimentos outro ano máis”, engadiu o edil socialista.
“Ferrol non pode permitirse un Goberno que renuncia a investir nin cando pode facelo. O
PP está a desaproveitar recursos valiosos que pertencen á xente desta cidade”, concluíu
Fernández Beceiro.
O Grupo Municipal Socialista insta ao Goberno local a rectificar, abandonar a política da propaganda e dos megaproxectos e poñer os recursos municipais ao servizo da cidade e da súa veciñanza, priorizando os investimentos que de verdade necesita Ferrol.
O Grupo Municipal Socialista insta ao Goberno local a estudar a posibilidade de revertira decisión de dedicar o 100% dos fondos á banca e que permita recuperar eses recursos para investimentos prioritarios en Ferrol, se aínda é posible facelo dentro do marco legal vixente.
Palabra clave
También te puede interesar...
RRSS