Skip to content

Galego

¡Síguenos!

O PSOE de Ferrol pide prazos concretos para facer efectivo o acordo de cambio de nome do Estadio da Malata a “Isidro Silveira”

Ferrol, 31 de outubro de 2025.- O Grupo Municipal Socialista de Ferrol esixe ao goberno local que estableza prazos concretos para culminar a tramitación do acordo plenario que aprobou o cambio de nome do Estadio da Malata a “Isidro Silveira”, aprobado o 29 de agosto de 2024.

O voceiro socialista, Ángel Mato, lembra que o Pleno xa deu luz verde á proposta impulsada polo PSOE e que o expediente estivo a exposición pública, polo que “non hai razóns para seguir demorando un recoñecemento que conta cun amplo consenso político e social”.

Mato subliña que “é hora de pasar das palabras aos feitos” e reclama que o goberno local fixe un calendario claro, con datas concretas para a resolución definitiva do expediente e a instalación da nova rotulación co nome de Isidro Silveira no estadio. “Queremos saber cando se vai facer efectivo o acordo e cando veremos o nome de Isidro Silveira visible no estadio. A memoria e o compromiso tamén se demostran con feitos e prazos”, afirmou o voceiro socialista.

O PSOE de Ferrol lembra que a iniciativa busca honrar a traxectoria e o legado de quen foi un referente para o racinguismo e para Ferrol, e reitera que este recoñecemento “non pode quedar esquecido nun caixón administrativo”. “O Pleno falou, agora toca cumprir”, concluíu Mato.

Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes