O grupo socialista insta ao goberno do PP á elaboración urxente dun plan de prevención e mantemento dos espazos culturales da cidade: teatro Jofre, Auditorio e Torrente Ballester.
A concelleira Montserrat Dopico denuncia a situación en que se atopan os principais edificios culturais de Ferrol que acollen a meirande parte da programación cultural do Concello.
“É absolutamente inexplicable o desleixo dos popules en política cultural, con cero inversiones no mantemento das instalación do Teatro, Auditorio e Torrente” incide a edila socialista.
Ferrol, 27 de outubro de 2025.- O grupo socialista “considera inadmisible que o goberno de Rey Varela, tan preocupado no anterior mandato polo estado destes edificios, non tomara as medidas oportunas para solventar o que entón calificaban de deixadez e falta de xestión”.
Segundo asegura a concelleira “o Concello de Ferrol, responsable do mantemento destes centros de titularidade municipal, non leva a cabo nin a conservación preventiva nin correctiva dos edificios públicos que evitaría o deterioro actual dos mesmos, evidenciando a incuria e o desleixo, que xa ven sendo habitual neste goberno municipal pola cultura.
Cómpre, incide a concelleira, desenvolver un plan de mantemento de conservación e restauración que execute intervencións periódicas paramanter o seu bo estado; plan que ten que incluir accións específicas que eliminen ou ralenticen as alteracións que podan afectar a integridade e o valor das edificacións, garantindo así a súa conservación ao longo do tempo.
Os socialistas teñen incidido en máis dunha ocasión na incoherencia dun Partido Popular que non destina investimentos no seu orzamento para a axeitada xestión cultural dunha cidade que precisa investir na conservación e mesmo reparación dos seus espazos culturais máis emblemáticos -Teatro Jofre, Auditorio, Carvalho Calero-, mentres planea que o CC Torente Ballester se convirta na primeira sede do museo de Ferrol antes do verán.
A carta de presentación de moitos deste espazos culturais son as pinguerias, os desconchados, as cristaleiras rotas, os grafitis, e mesmo deficiencias no acceso de persoas con mobilidade reducida… “Un plan de mantemento dos edificios públicos evitaría todo este tipo de situacións, ademáis da mala imaxe das nosas infraestructuras culturais ao público que as utiliza” subliña a edila socialista.
Montserrat Dopico lamenta asemade que “os populares deixaran pasar outra oportunidade de poder executar unha actuación de recuperación de patrimonio con fondos doutras administracións”. Alude a que o 2 % cultural del Ministerio de Transportes y Movilidad Sostenible deixou fóra da concesión provisional de axudas o proxecto para arranxar graves desperfeitos no volumen traseiro do teatro Jofre, por 81.595 euros, afeando que se presentase unha obra “menor” a un programa estatal que moviliza 80 millóns de euros “podendo ter optado por un proxecto de recuperación integral do teatro”.
Por todo iso, instamos ao goberno de Rey Varela a realizar un estudo valorado das deficiencias que presentan o Teatro Jofre, o Centro Torrente Ballester e o Auditorio de Ferrol que permita facer un diagnóstico do estado dos edificios eidentificar as posibles necesidades de reparación e de intervención, urxentes einmediatas que se deben abordar en cada inmoble; a elaborar un tan necesrio plan de prevención e mantemento coa inclusión nos próximos presupostos dun orzamento concreto e suficiente que permita abordar estas necesidades.
Palabra clave
También te puede interesar...
RRSS