Skip to content

Galego

¡Síguenos!

O PSOE de Ferrol pide que o nome de Isidro Silveira figure xa no Estadio da Malata e na nova cuberta

“É hora de pasar das palabras aos feitos para que o nome de Isidro Silveira figure xa na Malata”, afirma o voceiro socialista Ángel Mato


Ferrol, 9 de setembro de 2025.- O Grupo Municipal Socialista de Ferrol reclama ao goberno local que axilice o expediente para o cambio de nome do Estadio da Malata a “Isidro Silveira”, aprobado no Pleno da Corporación o pasado 29 de agosto de 2024, e que este novo nome figure xa na nova cuberta que se está a instalar no recinto deportivo. O voceiro socialista, Ángel Mato, lembra que foi o PSOE quen impulsou cunha moción ao Pleno a iniciativa para recoñecer a figura de Isidro Silveira, presidente histórico do Racing de Ferrol falecido en 2016, e salienta que a cidade non pode deixar pasar máis tempo para cumprir cunha débeda de xustiza e de memoria co racinguismo e con Ferrol.


Mato insiste en que a renovación da cuberta da Malata representa unha oportunidade idónea para que o novo nome do estadio sexa visible e recoñecible, integrando o acordo plenario cun símbolo deportivo e social de primeira magnitude. “O Racing de Ferrol vive un momento histórico, e é de xustiza que a súa casa leve o nome de quen traballou incansablemente polo club e polo fútbol ferrolán. É hora de pasar das palabras aos feitos”, subliñou.


O PSOE de Ferrol lembra que o expediente aprobado en Pleno xa estivo a exposición pública para que veciños e afeccionados presenten propostas, mais defende que a corporación municipal xa amosou un amplo respaldo á denominación de “Estadio Municipal Isidro Silveira”, aprobada cos votos favorables de PSOE, PP e Ferrol en Común, e coa única abstención do BNG. Por todo iso, os socialistas instan ao goberno local a completar canto antes a tramitación e garantir que o nome de Isidro Silveira figure xa na nova cuberta do estadio.

Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes