O Grupo Municipal Socialista busca a implantación de medidas para garantizar a seguridade do persoal municipal.
O grupo socialista solicitou formalmente a convocatoria do comité de seguridade e saúde para buscar solucións a problemática denunciada polas traballadoras.
Ferrol, 2 de setembro de 2025. Ante a recente denuncia por intento de agresión ás traballadoras do negociado de estadística, dende o Grupo Municipal Socialista consideran necesaria a celebración urxente de un Comité de Seguridade e Saúde có fin de buscar solucións a un problema que semella estar sendo ignorado por parte do Goberno Municipal.
Os socialistas lembraron que este é un asunto que leva pendente mais dun ano, sen que se adoptaran o sequera se decidiran medidas para paliar o mesmo, lembraron tamén que a prioridade debe ser garantir a seguridade personal das traballadoras municipais, pero que según a escasa información facilitada no seu día polo goberno, non é o único risco ou deficiencia que atópase definida na información que obra no Concello, motivo polo cal, consideramos que o Señor Rey Varela, como Alcalde, e responsable da xefatura superior do persoal do Concello, ten a obriga de tomarse en serio este asunto e buscar solución á situación denunciada.
Consideramos que o primeiro paso, e a convocatória do comité de seguridade e saúde, órgano no que ademáis da representación dos traballadores e traballadoras, teñen representación todos os grupos políticos, có fin de analizar a situación, os informes pertinentes e buscar unha solución.
Palabra clave
También te puede interesar...
RRSS