Skip to content

Galego

¡Síguenos!

O grupo socialista solicita que se restaure o servicio de autobuses do bulevar de As Pías.

Julián Reina: “O problema non era a burocracia senón a desidia do goberno de Rey Varela”

Ferrol, 6 de agosto de 2025. O Grupo Socialista fíxose eco da demanda feita pública pola Asociación de Veciños Cuco Ruiz de Cortázar relativa á recuperación do servicio de autobuses polo bulevar das Pias.

A este respecto, o concelleiro socialista Julián Reina, solicitou na Comisión de Urbanismo información sobre a orixe das queixas e o motivo polo que a día de hoxe, co bulevar das Pías en pleno funcionamento, non se restableceu o servizo de autobuses.

O goberno de Rey Varela xustificou a situación amparándose en trámites burocráticos, o que non aceptou o Grupo Socialista, xa que, segundo Julián Reina, “o problema non era a burocracia senón a desidia do goberno de Rey Varela”.

Durante a Comisión, o grupo socialista fixo un breve resumo da situación. Lembraron que o goberno de Rey Varela afirmou o pasado 9 de xuño que tramitará a recuperación dos servizos nas paradas do Bulevar de As Pías, trámite que non se levou a cabo, e non foi ata un mes despois cando a propia asociación veciñal tivo que facerse cargo da xestión solicitando á Xunta de Galicia a recuperación do servicio. A partir dese momento, ante a inacción do goberno municipal, púxose en marcha o procedemento para modificar o trazado, e para que os autobuses retornasen ao seu percorrido orixinal, aínda sen servizo a día de hoxe.

O Grupo Socialista amosou a súa profunda preocupación porque o goberno de Rey Varela non está a abordar nin sequera os temas máis básicos. Isto confirma unha vez máis o elevado custo que supón para o funcionamento do Concello de Ferro ter un Alcalde-Senador ausente.

Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes