Skip to content

Galego

¡Síguenos!

O Grupo Socialista critica a falta de mantemento da cidade por parte do alcalde

“Non merecemos que as beirarrúas parezan selvas froito do autobombo de Rey Varela”, afirmou Reina Villalón

Ferrol, 30 de xuño de 2025,- , O grupo socialista, a través do seu concelleiro Julián Reina, denunciou a proliferación de vexetación nas beirarrúas e estradas da nosa cidade. Na reunión da Comisión de Servizos do pasado mércores, o edil criticou a situación e reclamou solucións ao respecto.

O grupo socialista acusou ao goberno de Rey Varela de incumprir o mantemento básico da cidade. Como exemplo, o concelleiro citou a gran cantidade de vexetación que creceu nas beirarrúas e na estrada da Malata, lugares nos que non se fiixo o mínimo mantemento de retirada desa vexetación, proxectando unha imaxe de abandono.

Os socialistas consideran que, ante o aumento do uso destes camiños para chegar á praia, así como do paseo da Malata debido ao bo tempo, é máis necesario que nunca centrar a atención nos traballos de eliminación desta vexetación.

Así mesmo, consideran que esta falla de mantemento débese “á permanente campaña electoral na que está instalado o alcalde”, dixo Reina, para o que Rey Varela puxo de envoltorio o bonito nome “Plan de Barrios” a “unha práctica ineficaz que se pode resumir como ‘dálle unha boa barrida, que o alcalde vén de visita”.

Para o grupo municipal socialista, hai que planificar e coordinar o mantemento, facendo especial fincapé no mantemento preventivo para evitar precipitacións e improvisación. “Non merecemos que as nosas beirarrúas parezan selvas froito do autobombo de Rey Varela”, afirmou Reina Villalón.

Por todos estes motivos, o gupo socialista solicitou ao goberno municipal que dirixe Rey Varela, que en lugar de presumir de licitar contratos con datos inventados, “utilice algúns deses contratos para facer brillar a nosa cidade como se merece”.

Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes