Skip to content

Galego

¡Síguenos!

O Grupo Socialista critica o desinterese de Rey Varela polo estado das praias

Julián Reina critica que se estea agora executando un contrato de mantemento que debería estar listo antes do inicio da tempada estival


Ferrol, 22 de xuño de 2025.- O concelleiro socialista Julián Reina solicitou información ao goberno municipal sobre a execución do contrato de mantemento das praias e, neste
sentido, acusou ao alcalde, José Manuel Rey Varela, de desinterese. O edil lembrou que os traballos tiñan que estar rematados antes do inicio da tempada estival.


Precisamente a resposta do goberno municipal foi que se está a executar o contrato. A este respecto, o grupo socialista considera que o razoable que ese contrato estivese para solucionar as novas deficiencias que puideran xurdir, pero cualificaron de incomprensible que a tempada estival non comece con todas as praias en perfecto estado, tendo en conta, ademais, que os areais son un dos maiores atractivos da cidade.


Ademais, dende o grupo do PSDEG-PSOE subliñouse que esta solicitude atende ás numerosas queixas que chegaron ao Concello dos usuarios das praias polo mal estado dos seus puntos de acceso.


Os socialistas denunciaron os perigos que supón a carencia xeralizada de varandas nas
entradas das praias, táboas dobradas e elevadas que poden provocar riscos de tropezo,
tornillos colocados a medias e unha serie de deficiencias incompatibles coa verdadeira
calidade dos nosos areais.


“Parece que o único interese do noso alcalde polas praias son as reiteradas fotos da presentación e izado das bandeiras azuis, sen ningún interese polo estado real dos areais”, indicou Reina Villalón.


Por todo iso, os socialistas pediron explicacións ao goberno de Rey Varela, e solicitaron
que todas estas deficiencias se solucionen canto antes “porque Ferrol, cun alcalde que
pasa máis tempo en Madrid que na nosa cidade, non merece dar esa imaxe de abandono”.

Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes