Skip to content

Galego

¡Síguenos!

O goberno de Rey Varela, aposta polos vehículos antes que polas persoas ata na Semana Santa.

O goberno municipal non está á altura dunha festa declarada de interese turístico internacional

14.04.25 Ferrol
O Grupo Municipal Socialista denuncia o risco para os peóns provocado polo goberno de Rey Varela no primeiro día de procesións da Semana Santa ferrolá debido á súa obsesión por priorizar sempre a os coches.

O executivo municipal, incluso foi incapaz de garantir a retirada de vehículos nas rúas polas que transcorren os tronos, provocando unha escena impropia dunha celebración declarada de interese turístico internacional. Esta falta de previsión proxectou unha imaxe desorganizada e caótica da cidade xusto no inicio dunha das súas citas máis emblemáticas.

Ao longo da xornada de onte, producíronse diversas situacións de risco para os peóns debido ao contínuo tráfico de vehículos por todo o casco histórico de A Magdalena ata minutos antes do paso das procesións.

O concelleiro socialista Germán Costoya sinalou que “comezamos a pensar que este goberno ten obsesión por encher o casco histórico de coches, incluso na Semana Santa. Semella, polo visto hoxe, que o obxetivo de Rey Varela é que se poidan ver as procesións a pé de rúa e en primeira liña sin ter nin que baixar do coche” tras comprobar os esperpentos acontecidos no día de onte.

Con maioría absoluta e 11 asesores ao seu dispor, o goberno local non ten desculpas. O ocorrido neste primeiro día de procesións é un exemplo preocupante de deixadez e ineficacia.

Desde o Grupo Socialista esiximos explicacións e que se adopten medidas de inmediato para evitar que este tipo de situacións se repitan nos vindeiros días. Ferrol non pode permitirse erros que danen a súa imaxe ante veciñanza e visitantes.

Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes