Tag: Vivenda
O PSOE de Bergantiños insta ós gobernos municipais a aproveitar as axudas á compra de vivenda para atraer xente nova
O PSdeG-PSOE da Comarca de Bergantiños insta os gobernos municipais da bisbarra a aproveitar a nova liña de axudas para a adquisición de vivenda impulsada ao abeiro do Plan Estatal de Vivenda 2026-2030 e a converter estes fondos nunha oportunidade para atraer e fixar xente nova no territorio. A convocatoria da Xunta, publicada no Diario …
O PSOE de Malpica denuncia que o colapso urbanístico do goberno do PP encarece ata un 40 % as obras da veciñanza
O Grupo Municipal Socialista de Malpica denuncia a situación límite que atravesa o servizo municipal de Urbanismo, no que existen expedientes de licenzas que acumulan máis de dous anos de espera sen seren resoltos. Un atraso absolutamente inaceptable que está a ocasionar graves prexuízos económicos aos veciños e veciñas do municipio. Durante anos, a tramitación …
O PSdeG esixe á Xunta unha solución xusta para os propietarios das Fragas do Eume
O PSdeG-PSOE Provincial da Coruña participou hoxe na manifestación convocada pola parroquia de Ombre, en Pontedeume, para amosar o seu apoio aos propietarios e propietarias de terreos situados nas Fragas do Eume e reclamar unha solución xusta ante as limitacións que soportan nas súas parcelas. Na mobilización estiveron presentes o secretario xeral provincial do PSdeG-PSOE …
O PSOE de Ponteceso insistiu e conseguiu aprobar a moción de vivenda, que fora rexeitada polo PP e os grupos que o apoian Partido Galego e Adiante por Ponteceso
Ponteceso. Despois de argumentar que se veñen de aprobar 7.000 millóns de euros para o plan de vivenda 2026 e que Ponteceso non pode quedar fora, o Alcalde dou o brazo a torcer e apoiou a iniciativa do PSOE. “A moción obriga ao Concello a poñerse a traballar e recuperar os tres anos perdidos desta lexislatura …
O PSdeG celebra o investimento do Goberno central na nova comisaría de Ferrol e pide colaboración ao Concello en políticas de vivenda e a Cidade da Xustiza
O PSdeG-PSOE puxo en valor o investimento de máis de 7 millóns de euros que o Goberno de España realizará en Ferrol para a construción dunha nova comisaría de policía para Ferrol e Narón no antigo cuartel Sánchez Aguilera. Ángel Mato, voceiro socialista local, e Pedro Blanco, delegado do Goberno en Galicia, ofreceron unha rolda …
Fernando Rey Leira, novo secretario xeral do PSdeG de Curtis
O PSdeG-PSOE de Curtis vén de elixir a Fernando Rey Leira, veciño da vila de Teixeiro, como novo secretario xeral da Agrupación Socialista Local. Rey Leira, nado na Coruña en 1995, conta cunha longa traxectoria profesional como óptico, optometrista e audioprotesista. Moi activo no ámbito de voluntariado, foi voluntario na Once da Coruña, en Protección …
O PSdeG denuncia que “Ferrol perde co señor Rueda como presidente da Xunta” tras 2 anos de mandato
O PSdeG-PSOE realizou a súa valoración do que os 2 anos de mandato de Alfonso Rueda supuxeron para a cidade e a bisbarra de Ferrol. Foi nunha rolda de prensa na Casa do Pobo de Ferrol na que participaron o secretario xeral provincial Bernardo Fernández Piñeiro, o parlamentario socialista Aitor Bouza e o concelleiro e …
O PSdeG cualifica de “decepcionante” o balance dos 2 anos de goberno de Rueda para a cidade da Coruña
O PSdeG-PSOE realizou o seu balance dos dous anos de goberno de Alfonso Rueda na Xunta de Galicia, un balance que o secretario xeral provincial Bernardo Fernández Piñeiro calificou de “decepcionante”. O socialista afirmou, nunha rolda de prensa conxunta coa parlamentaria socialista Silvia Longueira e o portavoz municipal José Manuel Lage, que “a Xunta de …
O PSdeG-PSOE de Bergantiños acusa aos alcaldes da comarca de abandonar o problema da vivenda e esixe acción inmediata
PSdeG Bergantiños. O PSdeG-PSOE da comarca de Bergantiños, a través do seu coordinador comarcal e voceiro socialista en Coristanco, José Manuel Pérez Abelenda, denuncia a inacción dos alcaldes dos sete concellos da comarca ante a crecente problemática da vivenda. Pérez Abelenda critica que os gobernos municipais “están a mirar para outro lado mentres a situación …
O PSdeG denuncia no Parlamento a “situación dramática lamentable” das vivendas do IVS nas Telleiras de Narón tras trece anos de abandono
O deputado do PSdeG-PSOE no Parlamento de Galicia, Aitor Bouza, denunciou este martes na Cámara a “situación dramática” que viven as familias das vivendas de promoción pública do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) na rúa Telleiras de Narón, onde levan trece anos convivindo con humidades, filtracións e mofo sen que a Xunta de …
Debate – A Vivenda: dereito ou negocio
O encontro estará moderado por Rafael Arangüena, e supón unha nova ocación para reforzar os vínculos da nosa militancia e para compartir tempo, ideas e reflexións. Este xoves, día 30 de outubro, ás 19:30 horas na Casa do Pobo da Coruña.
O Grupo Socialista de Rianxo leva ao Pleno iniciativas clave para avanzar en benestar, xustiza veciñal e deporte municipal
Rianxo. O Grupo Municipal Socialista de Rianxo reafirma o seu papel como oposición útil e propositiva coa presentación de varias iniciativas no vindeiro Pleno, orientadas a mellorar o benestar da veciñanza, impulsar o desenvolvemento urbanístico e garantir instalacións deportivas seguras e de calidade. O PSOE de Rianxo reclama actuacións urxentes no campo de fútbol de …
Besteiro ve nos “investimentos minguantes” do CHUAC o exemplo duns orzamentos galegos “absolutamente insuficientes” en toda a provincia
O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, sinalou hoxe os “investimentos minguantes” para as obras do novo Hospital Universitario da Coruña como exemplo do que representa para toda a provincia o proxecto de Orzamentos da Xunta. O tamén portavoz do Grupo Socialista no Parlamento de Galicia advertiu que os traballos no complexo hospitalario …
Aitor Bouza sinala que a Xunta “volve desprezar a comarca de Compostela” nos seus orzamentos para 2026
Aitor Bouza, deputado socialista no Parlamento galego, sinala que a Xunta de Galicia “volve desprezar a comarca de Compostela” nos orzamentos presentados para o ano 2026. O parlamentario lamentou que, a pesar dos anuncios do Goberno autonómico, “o único que crece neste país, por desgraza, son os demandantes de vivenda, os demandantes de axuda á …
Silvia Longueira acusa á Xunta de “non defender fondos e parcelas públicas” ante o risco de non perder 10 millóns de euros en Xuxán
A deputada socialista no Parlamento galego, Silvia Longueira, acompañada polo eurodeputado Nicolás González Casares, mantivo un encontro cos cooperativistas de Xuxán para analizar a situación do proxecto das 214 vivendas de alugueiro social e o risco de perder 10 millóns de euros en fondos Next Generation debido aos atrasos na súa execución. Galivivienda, sociedade cooperativa …