Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

Tag: PSdeG-PSOE

A deputada socialista Silvia Longueira presentará enmendas aos Orzamentos da Xunta

Lage: “A Xunta reduce en 2026 á metade os orzamentos nos colexios públicos da cidade, pasando de 8 millóns a 4. Teñen moitísimas carencias e a Xunta o único que fai é afondar nese deterioro” A deputada socialista pola Coruña no Parlamento de Galicia, Silvia Longueira, presentou hoxe en Zalaeta a proposta de emendas que …

O PSdeG reclámalle á Xunta a rehabilitación integral do CEIP Castelao de Ordes

O PSdeG-PSOE reclámalle á Xunta que incorpore nos seus orzamentos para 2026 a rehabilitación integral do edificio do CEIP Castelao de Ordes. “O colexio Castelao non pode seguir sendo un edificio encorado nos anos 50 mentres a Xunta presume de investimentos educativos”, sinala a voceira socialista local, Noelia Rivadas. “Por este colexio xa pasamos varias …

O PSdeG reclámalle ao goberno local de Carballo que catalogue o Casino como edificio protexido

O grupo municipal do PSdeG-PSOE de Carballo defenderá no pleno do vindeiro luns a inclusión da sede da Sociedade Cultural e Recreativa de Bergantiños, coñecida como Casino, no Catálogo de Protección do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). A través desa iniciativa, os socialistas reclámanlle ao goberno local a aplicación dunha medida que garantirá a …

O PSdeG denuncia en Dumbría que os Orzamentos para 2026 volven “esquecer” á Costa da Morte

A deputada socialista Patricia Iglesias Rey encabezou hoxe en Dumbría unha rolda de prensa de valoración dos orzamentos da Xunta para 2026, acompañada de alcaldes, alcaldesas e portavoces socialistas da Costa da Morte. Iglesias sostivo que as contas autonómicas “volven esquecer esta comarca tan importante”, e advertiu de que a cidadanía percibe unha discriminación territorial: …

O PSdeG de Cariño reclama no Pleno unha sección da Escola Oficial de Idiomas no IES Cabo Ortegal

O PSdeG-PSOE de Cariño reclama mediante unha moción no pleno municipal que se implante unha sección da Escola Oficial de Idiomas (EOI) no instituto Cabo Ortegal do municipio. O Grupo Municipal Socialista comeza argumentando que Cariño é un concello bastante illado e con carencias no transporte público, o que imposibilita a asistencia da nosa veciñanza …

O PSdeG apoia a concentración dos propietarios das Fragas do Eume e esíxelle á Xunta escoitar as súas reivindicacións

José Ramón Gómez Besteiro, secretario xeral do PSdeG, e Aitor Bouza, deputado socialista no Parlamento galego, acompañaron hoxe aos propietarios e propietarias das Fragas do Eume na concentración convocada pola Asociación Parque Natural Fragas do Eume, Naturaleza y Desarrollo diante do Parlamento de Galicia, onde reclamaron que a Conselleira de Medio Ambiente os reciba para …

O PSdeG de Zas organiza unha xornada formativa sobre as novas oportunidades de financiamento da Deputación da Coruña

A Agrupación Local do PSdeG de Zas celebrará este venres 21 de novembro unha xornada informativa na Casa do Pobo de Zas para dar a coñecer as novas liñas de financiamento e subvencións da Deputación da Coruña. A actividade terá lugar ás 19.30 horas, en primeira convocatoria, na Casa do Pobo, situada na Rúa Agra …

O PSOE da Laracha denuncia o estado da pista de skate do municipio

A pista de skate da Laracha presenta acumulacións de auga nos días de choiva, impedindo o seu uso e xerando dificultades para a práctica deportiva. Segundo o Grupo Socialista, esta situación “ten a súa orixe na construción da instalación, cando xa se advertira a ausencia dun sistema de drenaxe axeitado”. A voceira socialista, Inés Ramos, …

O PSdeG critica a falta de investimento da Xunta en Cabanas a pesar das necesidades en Sanidade, Educación e Infraestruturas

O PSdeG-PSOE de Cabanas lamenta a falta de investimentos da Xunta de Galicia á luz dos novos orzamentos da institución para o vindeiro ano 2026. Dende o Grupo Municipal Socialista sinalan as diferentes necesidades de municipio que consideran que precisarían de investimentos por parte da Xunta, comezando polas deficiencias do Centro de Saúde. “É necesario …

O PSdeG denuncia os 13 días de espera para unha cita de Atención Primaria en Cariño e esixe solucións á Xunta

O PSdeG alerta da situación “inadmisible” que sofre a veciñanza de Cariño pola falta de cobertura médica no Centro de Saúde, que obriga ás persoas usuarias a esperar ata 13 días para unha cita de atención primaria, consecuencia “da incapacidade e da falta absoluta de planificación do Goberno de Alfonso Rueda”. O voceiro socialista en …

O PSdeG denuncia que a comarca de Bergantiños ten un 21% menos nos Orzamentos da Xunta para 2026 que en 2022

O PSdeG-PSOE Provincial da Coruña lamenta o “abandono” da comarca de Bergantiños nos orzamentos da Xunta de Galicia para o vindeiro ano 2026. O secretario xeral provincial Bernardo Fernández Piñeiro sinalou isto nunha rolda de prensa en Carballo que contou coa participación tamén da parlamentaria socialista Patricia Iglesias e das voceiras e voceiros socialistas dos …

O Grupo Socialista acusa a Educación de poñer ao CEIP Ramón María del Valle Inclán de Oleiros “na costa abaixo”

A parlamentaria socialista Silvia Longueira advertiu hoxe que a Consellería de Educación ten posto a calidade educativa no CEIP Ramón María del Valle Inclán “na costa abaixo”. Longueira presentou unha pregunta oral na Comisión de Educación na que advertiu que os dous profesores que enviaron a cargo do Plan Mega foron destinados a titorías, prexudicando …

O PSdeG reclama á Xunta a rehabilitación integral do CEIP Sigüeiro de Oroso

O PSdeG reclama á Xunta de Galicia que acometa “de maneira inmediata” unha rehabilitación integral do CEIP Sigüeiro, no concello de Oroso, co obxectivo de actualizar unhas instalacións que acumulan máis de corenta e cinco anos de antigüidade e adaptalas ás necesidades actuais da comunidade educativa. Dende o grupo socialista sinalan que o “inicio do …

O PSdeG reclama a residencia de maiores en Oza-Cesuras “prometida hai máis de 12 anos polo Goberno da Xunta”

O PSdeG-PSOE reclama que se constrúa a residencia de maiores no Concello de Oza-Cesuras que foi “prometida hai máis de 12 anos polo goberno da Xunta de Galicia do PP”. Así o expresou a deputada socialista no Parlamento galego Silvia Longueira, máis de 12 anos despois de que se dera a fusión dos concellos de …

O Partido Socialista denuncia os 13 días de espera para unha cita de atención primaria en Cariño e anuncia iniciativas no Parlamento e no Concello para esixir solucións inmediatas

O Partido Socialista alerta da situación “inadmisible” que sofre a veciñanza de Cariño pola falta de cobertura médica no Centro de Saúde, que obriga ás persoas usuarias a esperar ata 13 días para unha cita de atención primaria. Unha situación que, segundo o PSdeG, é consecuencia directa “da incapacidade e da falta absoluta de planificación …