Tag: PSdeG-PSOE
O PSOE provincial da Coruña reunirá este xoves ao Consello de Alcaldes e Alcaldesas para analizar o “afogo económico dos concellos”
O secretario provincial do PSdeG-PSOE da provincia da Coruña, Bernardo Fernández, vén de convocar para o xoves 29 de xaneiro o Consello Provincial de Alcaldes e Alcaldesas, órgano que reúne aos rexedores e rexedoras socialistas da provincia, co obxectivo de analizar o impacto económico que está a ter nos concellos o actual modelo de financiamento …
Os alcaldes socialistas de Ferrolterra felicitan ao Goberno e ás Forzas de Seguridade polas últimas operacións antidroga e piden continuidade na loita contra o narcotráfico e branqueo de capitais
Os alcaldes e responsables municipais socialistas da comarca de Ferrolterra queren trasladar publicamente a súa felicitación ao Goberno de España e ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado polas importantes actuacións e redadas antidroga desenvolvidas nos últimos días en Ferrol e Narón, que supuxeron un duro golpe contra o narcotráfico na comarca. Os representantes …
O PSdeG esixe á Xunta corrixir as deficiencias nas liñas de transporte público de Betanzos
O PSdeG-PSOE denuncia no Parlamento de Galicia as deficiencias nas liñas de autobús de Betanzos, reclamando que se investiguen as causas das incidencias rexistradas e que se repoñan as frecuencias eliminadas. “As veciñas e veciños de Betanzos seguen a padecer as deficiencias, un día tras outro, do transporte público”, afirma a parlamentaria socialista Silvia Longueira. …
O PSdeG denuncia do “colapso absoluto” das urxencias do Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol
O PSdeG denuncia no Parlamento de Galicia “o colapso absoluto das urxencias do hospital Arquitecto Marcide en Ferrol, o hospital de referencia para toda a comarca”. O parlamentario socialista Aitor Bouza sinala que “este colapso tamén se provoca por causa dun colapso previo de atención primaria”, logo de que se desen a coñecer “noticias absolutamente …
O PSdeG denuncia o “estado lamentable” no que se atopa o CPI de Zas
O PSdeG-PSOE denuncia no Parlamento de Galicia o “estado lamentable” do CPI de Zas e rexistra unha iniciativa parlamentaria para esixir solucións a esta problemática por parte da Xunta de Galicia. A parlamentaria socialista Patricia Iglesias mantivo unha serie de reunións coa voceira socialista en Zas, Sheila Rial, na que a zaseira trasladoulle á deputada …
O PSdeG levará ao Parlamento galego a falla de profesorado de latín no IES Concepción Arenal de Ferrol
O PSdeG-PSOE levará ao Parlamento de Galicia a falla de profesorado de latín no IES Concepción Arenal de Ferrol, logo de que non se cubrisen as vacantes por xubilación de docentes desta asignatura en varios institutos de Galicia. O parlamentario socialista Aitor Bouza calificou esta situación de “nova falta de respecto da Xunta de Galicia …
O PSdeG da Laracha critica que o concello siga sen orzamentos a pesar da maioría absoluta do PP
A portavoz socialista na Laracha, Inés Ramos, critica que o Goberno municipal do PP aínda non teña aprobados os orzamentos deste ano. Para Ramos, esta situación demostra “incapacidade de xestión, descoñecemento da realidade e un desprezo absoluto pola veciñanza da Laracha”. Segundo explicou, o PP goberna con maioría absoluta, polo que non ten que negociar …
O PSdeG reúnese co comité de empresa de Losán para coñecer a situación dos traballadores
O PSdeG-PSOE mantivo unha xuntanza na Coruña co comité de empresa de Losán para coñecer de primeira man a situación laboral que están a atravesar os traballadores e traballadoras da compañía. No encontro participaron a deputada no Parlamento galego Silvia Longueira, secretario de organización provincial Diego Fernández e a deputada no Congreso pola provincia Obdulia …
O PSdeG-PSOE reclama á Xunta a construcción dun centro de día en Noia
O PSdeG-PSOE trasladará ao Parlamento de Galicia a petición do Concello de Noia para a construción dun centro de día para as persoas maiores da localidade. Así o anunciou a deputada socialista, Patricia Iglesias, tras unha reunión institucional co alcalde, Francisco Pérez, que tivo lugar esta mañá. Durante o encontro, o alcalde expuxo a necesidade …
O PSdeG volverá reclamar no Parlamento galego que a Xunta reciba e escoite aos propietarios e propietarias das Fragas do Eume
O PSdeG-PSOE participou na concentración convocada hoxe fronte á delegación territorial da Xunta de Galicia en Ferrol polas asociacións de propietarios e propietarias de parcelas nas fragas do Eume, co obxectivo de amosar apoio ás súas reivindicacións. O secretario xeral do PSdeG provincial e alcalde de Pontedeume, Bernardo Fernández Piñeiro, subliñou a súa vontade de “acompañar, respaldar e apoiar aos propietarios das fragas do Eume nas que entendemos que son as súas xustas reivindicacións, que facemos nosas como partido”. “Tamén para defender as propias reivindicacións que temos os concellos como …
O PSdeG denuncia que o novo Plan de Transporte Público ignora as alegacións presentadas pola veciñanza de Rianxo
O PSdeG-PSOE denuncia no Parlamento de Galicia que a Xunta “está impoñendo un novo plan de transporte público sen escoitar aos afectados e afectadas das parroquias de Rianxo á hora de definir os itinerarios e as frecuencias dos buses”. Para a parlamentaria socialista Patricia Iglesias, a Xunta “volve dar as costas á veciñanza da comarca …
O PSOE da Laracha critica que o concello empregue 21.000€ da Deputación para mercar mesas e cadeiras
O PSdeG-PSOE da Laracha critica que o o Concello vaia gastar, cos fondos de carácter social da Deputación da Coruña, 21.000 euros na compra de mesas e cadeiras. O gasto enmarcaríase dentro do Plan Único de Obras e Servizos da Deputación. Inés Ramos, portavoz do Grupo Municipal Socialista, considera “unha falta de acción política e …
O PSdeG denuncia no Parlamento que “O PP non cumpre a súa promesa de facer unha residencia de maiores en Oroso”
O PSdeG-PSOE denuncia no Parlamento de Galicia que “o PP non cumpre a súa promesa de facer unha residencia de maiores en Oroso”. Sinalouno o deputado Aitor Bouza logo de que o goberno autonómico respondese por escrito a unha pregunta neste sentido formulada polo Grupo Parlamentario Socialista. Sería “unha residencia para maiores que foi reclamada …
O PSdeG reclama un transporte digno entre A Coruña e Ferrol logo de que numerosas persoas quedaran tiradas nas estacións de autobuses
O PSdeG-PSOE reclama no Parlamento de Galicia condicións dignas para a liña de autobús entre A Coruña e Ferrol. Segundo explica o parlamentario socialista Aitor Bouza, “nos últimos días, por desgraza, volvimos ver como usuarios e usuarias do transporte público por estrada quedaban tiradas nas propias estacións”. “Dende o Partido Socialista non imos quedar calados …
O PSdeG de Malpica fixa as datas das reunións coa veciñanza das parroquias para levar ao Pleno as súas demandas
O PSdeG-PSOE de Malpica de Bergantiños anuncia o calendario e os lugares das reunións parroquiais que manterá coa veciñanza do municipio, tal e como avanzara semanas atrás. O obxectivo destas xuntanzas será escoitar de primeira man as demandas, necesidades e inquedanzas dos veciños e veciñas e trasladalas ao pleno municipal. As xuntanzas darán comezo o …