Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

Tag: PSdeG-PSOE

O PSdeG considera que a folga de transporte na provincia “agravará o caos dos buses” e esixe á Xunta que se implique na resolución do conflito

O PSdeG-PSOE Provincial da Coruña reclámalle á Xunta que se implique no conflito laboral para evitar que se prolongue a folga de transporte por autobús na provincia. Dende o Partido Socialista responsabilizan da situación ao Goberno galego e en particular a Diego Calvo e Ethel Vázquez, logo de  “poñer o sector en mans de grandes …

O PSdeG reclamará no Parlamento galego melloras urxentes para os centros educativos de Zas

Tamén acudiron ao CEIP Labarta Pose, sinalando a presenza de humidades, goteiras e tuberías oxidadas O PSdeG-PSOE reclamará no Parlamento galego melloras urxentes para os centros educativos de Zas, concretamente o CPI de Zas e o CEIP Labarta Pose. Por unha banda, dende o Partido Socialista denuncian o “perigo para a saúde e a seguridade …

Bernardo Fernández denuncia en Ferrol a situacion “inadmisible e vergoñenta” do transporte público na comarca

Bernardo Fernández Piñeiro, secretario xeral do PSdeG Provincial da Coruña, e Aitor Bouza, deputado socialista no Parlamento galego, acudiron hoxe á concentración da Plataforma pola Defensa do Transporte Público Digno en Ferrol e Comarca diante do edificio administrativo da Xunta de Galicia nesta cidade. Fernández, tamén alcalde de Pontedeume, reclamou que se “adopten medidas de …

O PSOE da Laracha denuncia que o concello “agocha a información sobre o amianto” que podería haber nas tuberías do municipio

O PSdeG-PSOE da Laracha denuncia a “opacidade” do Concello respecto da posible presenza de amianto nas tiberías de fibrocemento das redes de abastecemento e saneamento da localidade, algo que provocou “un tirón de orellas da valedora do pobo”. A voceira socialista local Inés Ramos López realiza unha valoración negativa do exposto polo grupo de goberno …

O PSdeG reclama no Parlamento que a Xunta solucione os problemas de seguridade do IES Fernando Blanco de Cee

O PSdeG-PSOE rexistra unha batería de iniciativas no Parlamento de Galicia que a Consellería de Educación da Xunta solucione os “graves problemas” do IES Fernando Blanco de Cee, “estruturais, eléctricas, térmicas e de seguridade”. Con isto, en palabras da deputada Patricia Iglesias, o Grupo Parlamentario Socialista busca ser “a voz tanto da dirección do centro …

O PSdeG esixirá no Parlamento analíticas da auga tras a rotura da balsa da mina de Monte Neme

O PSdeG esixirá no Parlamento de Galicia que Augas de Galicia realice analíticas da auga na contorna afectada pola rotura da balsa da mina de Monte Neme, co obxectivo de comprobar se existe contaminación. A demanda baséase en que nesta zona se extraeu volframio no pasado e en que a auga afectada desemboca no mar, …

O PSdeG-PSOE da Laracha denuncia o “caos e inseguridade” na contorna do CEIP Ramón Otero Pedrayo por mor das obras

O Grupo Socialista da Laracha, a través da súa voceira Inés Ramos, denunciou hoxe o estado “lamentable e perigoso” no que se atopa a contorna do CEIP Ramón Otero Pedrayo. A situación acadou hoxe, venres 30 de xaneiro, un punto crítico coincidindo coas precipitacións, que converteron as zonas en obras lindeiras ao colexio nun auténtico …

O PSdeG esixe ao concello de Coristanco transparencia e respecto ao dereito de acceso á información pública

O voceiro municipal José Manuel Pérez Abelenda presentou unha queixa formal ante a Valedora do Pobo por suposta vulneración do seu dereito de acceso á información pública por parte do Concello de Coristanco, ao non recibir resposta á documentación solicitada no prazo legalmente establecido. O escrito remitido á institución autonómica relata os feitos, ocurridos dende …

O PSdeG-PSOE leva ao pleno de Cabanas a situación dos parques infantís

O Grupo Municipal do PSdeG-PSOE levou ao pleno celebrado estes días no Concello de Cabanas unha iniciativa centrada na seguridade dos espazos públicos a través dunha moción sobre o mal estado dos parques infantís municipais. O grupo socialista presentou unha moción na que expón o deterioro xeralizado das áreas de xogo do municipio e a …

O Grupo Parlamentario Socialista lamenta que a Xunta confirmara hoxe que non vai haber Centro de Día para maiores no Sanatorio de Paraxón (Oza-Cesuras)

PSdeG.- A portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Silvia Longueira, acusou hoxe ao PP e ao goberno galego de levar 13 anos enganando aos veciños e veciñas de Oza – Cesuras porque non van construír un centro de día para maiores no antigo sanatorio do Paraxón. Así o dixo logo de que o xerente …

O PSdeG denuncia no Parlamento a “situación dramática lamentable” das vivendas do IVS nas Telleiras de Narón tras trece anos de abandono

O deputado do PSdeG-PSOE no Parlamento de Galicia, Aitor Bouza, denunciou este martes na Cámara a “situación dramática” que viven as familias das vivendas de promoción pública do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) na rúa Telleiras de Narón, onde levan trece anos convivindo con humidades, filtracións e mofo sen que a Xunta de …

O PSdeG esixe unha reforma integral do colexio Labarta Pose de Zas

O Grupo Parlamentario Socialista de Galicia levará ao Parlamento galego a situación dos Centros Escolares de Zas, no concello de Zas, do CEIP Labarta Pose, e do CPI de Zas ante as “deficiencias estruturais e de mantemento” que, segundo indican, afectan á seguridade, ao benestar e á calidade educativa do alumnado e do persoal docente. …

O PSOE de Cabanas inicia unha nova etapa co obxectivo de recuperar un goberno progresista no muncipio

O PSOE de Cabanas abre unha nova etapa política coa incorporación ao grupo municipal, no pleno celebrado hoxe mércores, de Beatriz Carbón e Fran Romero Bustabad, que se suman á actual concelleira socialista Conchi Rodríguez Ferreiro. Os novos edís socialistas substitúen a Carlos Ladra e Delfín Feal, tras a renuncia doutros candidatos e candidatas da …

O PSdeG-PSOE lembra que o PP apoiou en Bruxelas o Regulamento de Control da Pesca que agora critica en Galicia

A parlamentaria socialista Patricia Iglesias lamenta a “contradición” do Partido Popular ao presentarse en Galicia como defensor do sector pesqueiro mentres en Bruxelas apoiou a aprobación do Regulamento de Control da Pesca, unha norma comunitaria que agora critica publicamente no territorio galego.  Os socialistas responden así ás declaracións realizadas polo PP en Muxía, onde asegurou estar “do lado da xente do mar” e acusou ao PSOE de incoherencia, ao tempo que se autodefiniu como “o …

O PSdeG-PSOE de Malpica esixe á Xunta que restableza o servizo médico no centro de Buño

O Centro Médico de Buño vese afectado por unha redución do servizo de medicina de familia, segundo se recolle en diversas queixas de usuarios e usarias. Actualmente, a atención préstase únicamente de 9:00 a 11:00 horas, en contraste co horario habitual que ía de 8:00 a 14:00 horas. Ademais, non se están asignando citas con …