Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

Tag: Política Municipal

Os socialistas de Teo lémbranlle á alcaldesa “que a Deputación da Coruña aporta ao concello o cuádruple que na etapa de Diego Calvo”

-“As obras da variante de Cacheiras finalizaranse en tempo pero executaranse correctamente, como é habitual na Deputación”, explica Mayte Argibay -““Pasamos de percibir 367.665 euros en 2015 a 1.404.000 euros en 2025”, sinala a voceira socialista local O Grupo Municipal Socialista de Teo asegura que “as aportacións ao Concello de Teo por parte da Deputación …

O PSOE da Laracha presentará unha emenda ós orzamentos para incluír as reivindicacións da Policía Local

O PSdeG-PSOE da Laracha presentará mañá, martes 18 de febreiro, unha emenda á totalidade dos Orzamentos municipais para 2025 no pleno extraordinario convocado para debatilos. A voceira socialista local Inés Ramos López sinala que esta emenda ás contas vén motivada por considerar que “é fundamental que se contemplen nelas as reivindicacións do corpo de Policía …

O PSdeG esixe a Rueda que non execute a moción de censura en Outes respectando o pacto antitransfuguismo

-O secretario xeral provincial Bernardo Fernández Piñeiro lembra que o concelleiro José Antonio Caamaño “está expulsado do PSdeG e, polo tanto, é un tránsfuga” -Fernández Piñeiro advírtelle ao PP que sería ilegal incluílo no equipo de Goberno O PSdeG-PSOE Provincial da Coruña insta ao Partido Popular a cumprir co Pacto Antitransfuguismo asinado por ambas formacións …

O PSOE de Coristanco denuncia o atraso no vaciado dos contenedores amarelos

-Lamenta que o novo sistema non está a funcionar, ofrecendo charlas de concienciación e afastando os contedores das vivendas mentres non se garante o seu baleirado O PSdeG-PSOE de Coristanco denuncia a ineficacia do Goberno local do PP na xestón da recollida selectiva de residuos, especialmente no que respecta aos contedores amarelos, que levan semanas …

O PSOE de Monfero valora positivamente os investimentos de 1.108.137,09 € aprobados polo concello con cargo ao POS+ da Deputación

O PSdeG-PSOE de Monfero realizou unha valoración moi positiva da aprobación no pleno do Concello de investimentos con valor de 1.108.137,09€ ao cargo do POS+ 2025 da Deputación da Coruña. Os socialistas agradecen á Deputación “o seu apoio aos municipios da provincia, que resulta esencial para levar adiante diferentes actuacións clave para a veciñanza”. O …

O PSOE e o BNG de Muros acordan na Xunta de Goberno diversos investimentos en obras polo mesmo importe do que recibirán do POS+ 2025

-O pleno municipal aprobou destinar os 671.571,49€ do POS+ sen incluír o plan complementario a gastos correntes O PSdeG-PSOE e o BNG de Muros acordan na Xunta de Goberno arranxar o Pavillón Xosé Lago e o Parque de Ventín e licitar o mantemento de parques e xardíns, entre outros investimentos. Os dous grupos políticos que …

O PSOE de Outes anuncia a súa decisión de saír do goberno municipal: “non podemos continuar dando o noso apoio a un barco que vai á deriva”

-A saída de Tono Caamaño do executivo fai que este pase a ser un goberno en minoría formado por CxO e o BNG O PSdeG-PSOE de Outes anuncia a súa decisión de saír do Goberno municipal, que pasará a ser un goberno en minoría conformado por CxO e BNG. “Logo da reflexión levada a cabo …

O PSOE de Malpica denuncia que o alcalde “cobra os desprazamentos para visitar obras ou asistir a reunións dentro do propio concello”

Os socialistas de Malpica denuncian públicamente que o alcalde do PP, Eduardo Parga, “cobra dietas por desprazamentos que realiza dentro do propio concello”. “Segundo a información á que tivemos acceso, o rexedor vén percibindo compensacións económicas en concepto de desprazamento por asistir a reunións veciñais, obras ou actos institucionais dentro dos límites do concello, algo …

O PSOE da Laracha reclama que o concello presente o antes posible os seus orzamentos para 2025

-“Parece ser a tónica habitual aprobalos tarde, mal e a rastro, como pasou o ano pasado”, critica a voceira socialista local Inés Ramos López O PSdeG-PSOE da Laracha solicita ao goberno municipal que presente o antes posible o seu proxecto de orzamentos para o vindeiro ano 2025. “A día de hoxe seguimos sen orzamentos para …

O PSOE de Ordes denuncia a “teima absurda” do alcalde en recorrer as bases do Plan Único “que duplica o investimento da Deputación no municipio”

-“O problema que ten Ordes é a mala xestión do alcalde e non as aportacións da Deputación”, sostén Concepción Berdomás A Agrupación Socialista de Ordes considera “incomprensible e inxustificable” que o concello “sexa o único da provincia que recurriu en varias ocasións ante a Xustiza un Plan Único da Deputación que duplicou o investimento que …

O PSdeG da Laracha denuncia os problemas de seguridade derivados da ausencia de Policía Local no concello

-A voceira socialista local Inés Ramos López lamenta que “xa que a semana pasada entraron a roubar no Concello, e ao día seguinte no IES Agra de Leborís” O PSdeG-PSOE da Laracha segue a denunciar a situación da Policía Local no municipio, que conta agora mesmo con 0 axentes en activo mentres a negociación entre …

O PSOE de Oleiros rexistrou alegacións ao Regulamento de Subministración Domiciliaria de Auga do concello de Oleiros

–O Grupo Socialista presentou alegacións á Modificación do regulamento de subministración domiciliaria de auga do Concello de Oleiros esixindo que non se modifiquen os cadros de sancións a aplicar aos veciños en caso de que teñan unha fuga fortuita de auga nas instalacións particulares das súas casas mentres a rede Municipal non cumpra ca normativa …

O PSOE de Coristanco denuncia a negativa do alcalde a debater propostas da oposición no pleno municipal

O voceiro socialista local de Coristanco, José Manuel Pérez Abelenda, criticou a actitude do alcalde do municipio, sinalando que este rexeita sistematicamente permitir o debate e a votación das propostas presentadas polo grupo socialista nos plenos municipais. Segundo Abelenda, esta situación vén producíndose durante toda a lexislatura.”Desde o PSOE presentamos mocións que van encamiñadas a …

O PSOE de Sada reclama que o concello “proporcione a documentación dos proxectos en tempo e forma para poder valorar o que se está a apoiar”

-O secretario xeral local Manuel Ángel Gende Penas amosa o seu apoio “á ampliación do CEIP Sada e Contornos, pero antes de votar hai que saber que se vota” O PSdeG-PSOE de Sada amosou no pleno extraordinario celebrado hoxe o seu apoio á ampliación do CEIP Sada e Contornos, votando a favor do expediente de …

O PSOE de Mugardos propón “un goberno estable para sacar o municipio da parálise do PP”

O PSdeG-PSOE de Mugardos propón ao BNG e a Esquerda Unida conformar “un goberno estable para sacar o municipio da parálise do PP”. O Partido Popular goberna Mugardos en minoría con 6 concelleiros, mentres que o BNG conta con 3 edís, o PSOE tamén con 3, e EU con 2. “Para saír desta situación, as …