Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

O PSOE de Outes anuncia a súa decisión de saír do goberno municipal: “non podemos continuar dando o noso apoio a un barco que vai á deriva”

-A saída de Tono Caamaño do executivo fai que este pase a ser un goberno en minoría formado por CxO e o BNG


O PSdeG-PSOE de Outes anuncia a súa decisión de saír do Goberno municipal, que pasará a ser un goberno en minoría conformado por CxO e BNG.

“Logo da reflexión levada a cabo na organización e de consensualo a nivel local tomei a decisión de abandonar o executivo”, sinala o voceiro socialista en Outes, Tono Caamaño.

“Isto sucede porque despois dun ano e medio de goberno non vimos nin grandes cambios nin pequenos con respecto o goberno anterior”, lamenta o socialista.

Caamaño afirma que “se seguiron cometendo os erros do anterior goberno, sen preocuparse o suficiente polo día a día das veciñas e veciños de Outes”. “Pensamos que dende dentro teríamos máis forza para que levar a cabo as nosas propostas, pero non foi posible”, engadiu.

“Levamos 5 anos esperando por un espello, un ano esperando por dúas farolas e un ano dende que presentamos a ordenanza da tala da madeira, e seguimos esperando”, enumera.

O voceiro socialista critica ademais que neste momento “non hai nin un alcalde que atenda os veciños como fai falta, xa que como é sabido, agora ten dedicación na Universidade”.

“Os socialistas non podemos continuar dando o noso apoio a un barco que vai a deriva, sen capitán nin contramestre, e vai directo ó acantilado por moito que se lle dea gas á sala de máquinas”, apuntou. “A partir deste momento volvemos a oposición, onde polo menos poderemos expresarnos sen medo e sen coaccións e defender de verdade as necesidades dos veciños e veciñas, que foron quen nos puxo aquí”, concluíu Caamaño.

Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes