Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

Tag: Infraestruturas

O PSdeG reclama a mellora das estradas AC-183 e AC-173 en Oleiros

O Grupo Parlamentario Socialista reclama que a Xunta de Galicia actúe nas estradas AC-183 e AC-173 en Oleiros, facendo “melloras importantes e non simples parcheos”. A deputada socialista Silvia Longueira será a encargada de levar esta cuestión ao Parlamento galego, apuntando que “a mobilidade é un dos principais problemas do Concello de Oleiros, un dos …

O PSdeG reclama que a Xunta reciba ao alcalde de Valdoviño para falar sobre a construción do instituto

O PSdeG-PSOE leva ao Parlamento de Galicia a petición de crear un instituto de Valdoviño, logo dunha xornada de traballo conxunta co rexedor Alberto González Fernández. O alcalde socialista trasladou ao Grupo Parlamentario Socialista a demanda de que a Xunta de Galicia adquira o compromiso de construir dito instituto, así como unha reunión coa Consellería …

PSdeG reclamará no Parlamento de Galicia que se rehabilite o aparcadoiro do Auditorio de Ferrol

O Grupo Parlamentario Socialista reclamará que se realice unha rehabilitación integral do aparcadoiro do Auditorio de Ferrol, en liña do demandado pola ANPA do Conservatorio Profesional de Música de Ferrol nunha concentración que contou coa participación de diferentes representantes socialistas. Aitor Bouza, deputado socialista no Parlamento galego, sinalou que o aparcadoiro “non é nin accesible …

O PSOE de Cabanas reúnese co delegado do Goberno para propoñer melloras na humanización da N-651 no municipio

O Grupo Municipal Socialista de Cabanas mantivo unha reunión de traballo co delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco Lobeiras, para abordar o avance do proxecto de humanización da N-651 ao seu paso polo municipio. Durante o encontro, o PSdeG-PSOE local trasladou ao delegado “a necesidade de que a actuación non se limite á proposta …

O PSOE de Irixoa celebra a luz verde da Deputación á ampliación da estrada entre Adragonte e Vilamateo unha actuación “reiteradamente demandada” polos socialistas

O PSOE de Irixoa celebrou a publicación no Boletín Oficial da Provincia da aprobación definitiva do proxecto de ampliación e mellora da estrada da Deputación da Coruña DP-3903, entre Adragonte e Vilamateo por Ambroa, unha actuación que os socialistas levan anos reclamando pola súa importancia para a seguridade viaria no municipio. Dende a agrupación local …

O PSdeG de Zas continuará reclamando solucións para a situación dos centros educativos e do centro de saúde do municipio

O PSdeG de Zas reafirma o seu compromiso de continuar impulsando iniciativas institucionais e realizando seguimento político ata que existan solucións ás deficiencias detectadas nos centros educativos do municipio e á situación sanitaria local. Así o trasladou Sheila Rial tras asistir o pasado mércores ao Parlamento de Galicia para escoitar a resposta do conselleiro de …

O PSdeG reclamará no Parlamento galego melloras urxentes para os centros educativos de Zas

Tamén acudiron ao CEIP Labarta Pose, sinalando a presenza de humidades, goteiras e tuberías oxidadas O PSdeG-PSOE reclamará no Parlamento galego melloras urxentes para os centros educativos de Zas, concretamente o CPI de Zas e o CEIP Labarta Pose. Por unha banda, dende o Partido Socialista denuncian o “perigo para a saúde e a seguridade …

O Grupo Parlamentario Socialista lamenta que a Xunta confirmara hoxe que non vai haber Centro de Día para maiores no Sanatorio de Paraxón (Oza-Cesuras)

PSdeG.- A portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Silvia Longueira, acusou hoxe ao PP e ao goberno galego de levar 13 anos enganando aos veciños e veciñas de Oza – Cesuras porque non van construír un centro de día para maiores no antigo sanatorio do Paraxón. Así o dixo logo de que o xerente …

O PSOE desminte as declaracións do alcalde sobre a auga do Canosa-Rus

Ante a nota de prensa difundida polo alcalde de Coristanco a finais do mes de novembro, dende o PSdeG-PSOE de Coristanco denuncian publicamente que o mandatario municipal falta á verdade, manipula a información e tenta responsabilizar á oposición dunha situación que el mesmo provocou ao negarse a entregar a documentación solicitada a través do rexistro municipal.  O voceiro socialista, José Manuel Pérez Abelenda, explica que o goberno municipal leva semanas incumprindo deliberadamente a súa obriga de facilitar os informes oficiais requiridos e as analíticas reclamadas. …

O PSdeG denuncia que a Xunta “esquece a Cariño” nos seus Orzamentos para 2026

O PSdeG-PSOE denuncia que o goberno da Xunta de Galicia “esquece a Cariño” nos seus orzamentos para o vindeiro ano 2026, nos que “non se contempla ningún investimento ou a posta en marcha de novos servizos no municipio”. O voceiro socialista en Cariño, Jonathan Miranda, lembra que o Grupo Parlamentario Socialista realizou no Parlamento galego …

O PSOE de Frades reúnese coa Deputación e anuncia o seu compromiso de iniciar as obras da senda peonil entre Ponte Carreira e Aiazo

O PSOE de Frades logra o compromiso da Deputación para iniciar as obras da senda peonil entre Ponte Carreira e Aiazo “coa maior brevidade posible”. As expropiacións xa están completadas e o orzamento  xa está consignado, faltando só o sondeo arqueolóxico. Así informaron os membros do Grupo Municipal Socialista en Frades, Enrique Astray e Lucía …

O PSOE da Laracha esixe transparencia e participación veciñal no proxecto da central hidroeléctrica en Montemaior

O PSdeG-PSOE da Laracha, a través da súa portavoz Inés Ramos, manifestou o seu “apoio absoluto” aos veciños e veciñas de Montemaior e do conxunto do municipio ante o anuncio da futura instalación dunha central hidroeléctrica de bombeo promovida por Gnera Enerxía, un proxecto que suporía un investimento de 120 millóns de euros. Dende o …

O PSOE da Laracha solicita un Plan Integral para a cobertura dos parques infantís

O Grupo Socialista da Laracha, a través da súa voceira Inés Ramos, presentará unha iniciativa para instar ao goberno local á elaboración dun Plan Integral de Cobertura dos Parques Infantís do municipio. A proposta chega despois do Pleno Infantil celebrado o 2 de decembro, no que o alumnado participante solicitou a creación de espazos de …

O PSdeG reclama á Xunta que “cumpra o seu compromiso” e constrúa a pista cuberta para o IES Concepción Arenal

O vicevoceiro socialista en Ferrol, Julián Reina, e o deputado do PSdeG no Parlamento galego, Aitor Bouza, participaron hoxe nun canutazo realizado á porta do IES Concepción Arenal de Ferrol para denunciar o atraso na execución da pista cuberta que prometera a Consellería de Educación e reclamar solucións inmediatas para o centro. Reina explicou que …

O PSdeG denuncia graves deficiencias no CHUAC e esixe á Xunta garantías de seguridade e intimidade para os pacientes

PSdeG. A deputada socialista Silvia Longueira advertiu hoxe de que a situación do CHUAC “chegou ao límite” e responsabilizou á Xunta da “desorganización e falta absoluta de planificación” tanto nas obras como no funcionamento diario do hospital. Longueira denunciou que en unidades como a planta cuarta se está hospitalizando a doentes en corredores abertos, sen …