Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

Os socialistas reclaman “un maior compromiso coa Coruña e a súa área metropolitana nos orzamentos da Xunta”

Os socialistas consideran “decepcionanes” os orzamentos da Xunta de Galicia para o ano 2025, feitos públicos o sábado, “xa que non impulsan proxectos clave para A Coruña e a súa área metropolitana como a Vía Ártabra”.

Julio Abalde, deputado responsable da Coruña no Parlamento de Galicia, engade que “a Xunta non prevé o remate das obras do novo Chuac ata o ano 2028”.

“As contas só recollen investimentos en saneamento de Sada ou no parque empresarial de Arteixo, pero botamos en falta unha maior aposta pola Cidade das TIC, por exemplo”, explica.

“Os orzamentos da Xunta tampouco falan de máis vivenda pública o de melloras nos centros educativos da comarca da Coruña”, remate Abalde.

Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes