Os socialistas do interior coruñés lamentan que “2025 será outro ano perdido para a comarca nos orzamentos da Xunta
Os socialistas do interior da Provincia da Coruña lamentan que “2025 será outro ano perdido para a comarca nos orzamentos da Xunta de Galicia”.
A deputada socialista responsable da comarca no Parlamento de Galicia, Silvia Longueira, calificou estes orzamentos de “moi febles para toda a zona do interior da provincia, dende Arzúa ata Vilasantar”.
“Unicamente deixan alí no Concello de Frades unhas axudas para o inicio da potabilizadora”, destaca Longueira, que lembra que isto foi pedido polo Partido Socialista “dende o ano 2019, aínda que non apareceu nos orzamentos ata cinco anos despois”.
“Porén, non hai nin rastro nos orzamentos, por exemplo, de saneamento no polígono industrial”, subliñou a socialista. “É unha comarca que fica sen investimentos reais tanto en infraestruturas como en servizos aos cidadáns”, concluíu.
Palabra clave
También te puede interesar...
RRSS