Os socialistas consideran “testimoniais as partidas dos orzamentos da Xunta para as infraestruturas do Barbanza”
Os socialistas consideran “decepcionanes” os orzamentos da Xunta de Galicia para o ano 2025, feitos públicos o sábado, “xa que as partidas para mellorar as infraestruturas da comarca do Barbanza son testimoniais”.
“Hai investimentos no saneamento e depuración da ría de Muros e Noia ou en Lousame, pero a maior parte das demandas da veciñanza non se atenden”, explica Julio Abalde, deputado responsable do Barbanza no Parlamento de Galicia.
“As contas recollen a Variante de Ribeira, pero como pasa con outras infraestruturas necesarias na comarca, as partidas non se convirten posteriormente en investimentos reais”, explica.
“Os orzamentos da Xunta tampouco falan de máis vivenda pública o de melloras nos centros educativos da comarca”, remata Abalde.
Palabra clave
También te puede interesar...
RRSS