O PSOE de Oza-Cesuras denuncia o retraso nos orzamentos de 2025: “Deberíamos estar aprobando as contas do ano seguinte”
- O Grupo Municipal Socialista afirma que isto se debe á incapacidade do alcalde Pablo González Cacheiro de xestionar o Concello
O PSdeG-PSOE de Oza-Cesuras denuncia os retrasos na aprobación dos orzamentos municipais, calificando ao alcalde Pablo González Cacheiro, do Partido Popular, de “pésimo xestor”.
“Un ano máis, o alcalde de Oza-Cesuras espera a final de ano para aprobar os orzamentos do exercicio, cando deberíamos estar aprobando as contas do ano seguinte”, lamentan dende a formación.
O grupo socialista local sinala que “un ano máis o alcalde culpa deste atraso ás baixas dos traballadores municipais, cando en realidade o que está a tratar de tapar con esa desculpa é a súa propia incapacidade para xestionar axeitadamente o Concello”.
“Non entendemos como se pode levar a cabo a planificación de gastos, investimentos ou calquera actividade sen ter coñecemento dos ingresos dos que se vai a dispoñer durante o exercicio”, engaden.
Para a agrupación socialista, “este ano Pablo González Cacheiro superouse a si mesmo convocando un Pleno Extraordinario o propio día 24 de decembro, para dar conta da ‘aprobación inicial’ do orzamento do ano 2025”.
Manifestan así mesmo o seu desacordo “co pago de facturas con reparos da Intervención Municipal, algo que o alcalde leva a cabo de forma continuada. Trátase de pagos “que a lei regula e limita para casos moi concretos e sempre en circunstancias excepcionais ou sobrevindas e non de forma habitual e recorrente como ocorre no Concello de Oza-Cesuras”.
Palabra clave
También te puede interesar...
RRSS