Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

Category: Oza-Cesuras

O PSdeG de Oza-Cesuras esíxelle ao alcalde que dea explicacións sobre a falla de subministro de auga potable 

Os grupos políticos da oposición en Oza-Cesuras reclaman un pleno extraordinario para abordar os problemas no abastecemento de auga potable do municipio, que leva varios días sen funcionar na zona de Cesuras por mor dunha avaría.  O PSdeG-PSOE de Oza-Cesuras esíxelle ao alcalde “que dea explicacións inmediatamente, xa que é inadmisible que a cidadanía estea tanto tempo sen acceso a auga potable”.  O escrito está asinado pola voceira socialista local Laura Sánchez Couceiro e a concelleira socialista Marta Díaz Sánchez así como pola concelleira do BNG, Estefanía Busto Dopazo, …

O PSdeG denuncia que o PP “incumpriu todos os compromisos” da fusión de Oza e Cesuras trece anos despois

A deputada socialista Silvia Longueira denunciou hoxe no Parlamento que o Partido Popular “incumpriu todos e cada un dos puntos” recollidos no documento base da fusión dos concellos de Oza e Cesuras, promovida no ano 2013 polo Goberno de Feijóo. Longueira lembrou que aquel acordo prometía un “futuro venturoso” para o novo municipio, coa chegada …

O Grupo Parlamentario Socialista lamenta que a Xunta confirmara hoxe que non vai haber Centro de Día para maiores no Sanatorio de Paraxón (Oza-Cesuras)

PSdeG.- A portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Silvia Longueira, acusou hoxe ao PP e ao goberno galego de levar 13 anos enganando aos veciños e veciñas de Oza – Cesuras porque non van construír un centro de día para maiores no antigo sanatorio do Paraxón. Así o dixo logo de que o xerente …

O PSOE de Oza-Cesuras denuncia o retraso nos orzamentos de 2025: “Deberíamos estar aprobando as contas do ano seguinte”

O PSdeG-PSOE de Oza-Cesuras denuncia os retrasos na aprobación dos orzamentos municipais, calificando ao alcalde Pablo González Cacheiro, do Partido Popular, de “pésimo xestor”.  “Un ano máis, o alcalde de Oza-Cesuras espera a final de ano para aprobar os orzamentos do exercicio, cando deberíamos estar aprobando as contas do ano seguinte”, lamentan dende a formación.  O grupo socialista local sinala que “un ano máis o alcalde culpa deste atraso ás …

O PSdeG reclama a residencia de maiores en Oza-Cesuras “prometida hai máis de 12 anos polo Goberno da Xunta”

O PSdeG-PSOE reclama que se constrúa a residencia de maiores no Concello de Oza-Cesuras que foi “prometida hai máis de 12 anos polo goberno da Xunta de Galicia do PP”. Así o expresou a deputada socialista no Parlamento galego Silvia Longueira, máis de 12 anos despois de que se dera a fusión dos concellos de …