Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

O PSdeG reclama axudas directas da Xunta de Galicia ao sector marisqueiro da ría de Ferrol “de maneira inmediata”

  • Aitor Bouza demanda tamén que se faga un estudo integral dos vertidos na Ría de Ferrol, que están a afectar ao desenvolvemento da actividade 

O PSdeG-PSOE reclama axudas directas da Xunta de Galicia ao sector marisqueiro da Ría de Ferrol logo da reclasificación como zona C de boa parte do banco marisqueiro das Pías.

Así o sinalou o deputado no Parlamento galego Aitor Bouza, que explicou que INTECTMAR detectou nas súas análises “niveis de contaminación que eran incompatibles co mantemento da actividade marisqueira ordinaria”.

“Ante isto, dende o Partido Socialista, o que lle esiximos á Xunta de Galicia a que realice de maneira inmediata un estudo integral que estea actualizado e que incorpore todos os puntos de vertido á ría de Ferrol, que se identifique a natureza, orixe, o volume estimado e tamén o impacto ambiental”, indica.

Con ocasión da elaboración dos orzamentos da Xunta para 2026, Bouza reclama “que se incorpore unha partida específica e suficiente que sexa destinada á execución de todas as actuacións que sexan precisas para identificar, corrixir e eliminar os vertidos que afectan a ría de Ferrol”.

“Unha cuestión que nos parece fundamental é importantísima é que a Xunta de Galicia habilite de maneira inmediata unha liña de axudas directas destinadas ás mariscadoras e mariscadores da ría de Ferrol que se viron afectadas por esta reclasificación como zona C”, engade.

“O obxectivo destas axudas ten que ser a compensación da perda de ingresos derivada da imposibilidade de exercer a súa actividade e, por suposto, que se cree un plan específico de apoio ao marisqueo que estea consensuado co propio sector coas organizacións profesionais, con confrarías e cos concellos”, conclúe.


Aitor Bouza marisqueo Ferrol – out25
Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes