Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

O PSdeG de Cariño reclama no Pleno unha sección da Escola Oficial de Idiomas no IES Cabo Ortegal

  • O Grupo Parlamentario Socialista presentará paralelamente unha emenda aos orzamentos da Xunta de Galicia co obxectivo de incluír unha partida para a implantación de dita sección

O PSdeG-PSOE de Cariño reclama mediante unha moción no pleno municipal que se implante unha sección da Escola Oficial de Idiomas (EOI) no instituto Cabo Ortegal do municipio.

O Grupo Municipal Socialista comeza argumentando que Cariño é un concello bastante illado e con carencias no transporte público, o que imposibilita a asistencia da nosa veciñanza ás localidades de Ferrol, Cedeira ou As Pontes, municipios máis cercanos que contan con aulas da Escola Oficial de Idiomas, tendo en conta que a maior parte das clases teñen lugar pola tarde-noite”.

“Nestes últimos anos, detectamos un crecente interese da poboación do Concello e da comarca en ampliar e mellorar as competencias en linguas, especialmente a inglesa, así como persoas que xa teñen certo coñecemento da mesma e desexan homologar os seus estudos”, indican na moción.

“Que o Concello de Cariño acollera, tanto no verán de 2024 coma no de 2025, unha charla da Escola Oficial de Idiomas, sección Cedeira, demostra que o equipo de goberno tamén detectou esta necesidade”. engaden.

Lembran que xa no ano 2017, tanto a Dirección como o Consello Escolar do centro, así como o Pleno do Concello, apoiaron por unanimidade esta mesma solicitude á Xunta de Galicia, que non atendeu esas demandas.

Daquelas, a dirección do centro destacou que este “permanece aberto de luns a venres en horario de tarde, o que facilitaría a implantación da sección solicitada, pois existen aulas dispoñibles e persoal de administración e servizos para cubrir as necesidades”, só sería necesario máis profesorado.

Por todo isto, o Grupo Municipal Socialista propón solicitar ao IES Cabo Ortegal un informe sobre a viabilidade da posta en marcha da sección, así como o o apoio da ANPA, do Claustro de Profesorado e da Dirección do IES Cabo Ortegal.

Ademais, o PSdeG de Cariño pide instar ao Pleno do Parlamento de Galicia a votar favorablemente a emenda aos orzamentos de 2026 da Xunta presentada polo Grupo Parlamentario Socialista para a implantación desta sección, así como solicitar á Xunta de Galicia a súa creación.

Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes