Category: Ortegal
O PSdeG reclama no Parlamento a reapertura da Oficina Rural de Ortigueira durante todo o verán
O Grupo Parlamentario Socialista reclama no Parlamento de Galicia o restablecemento do horario normal da Oficina Rural de Ortigueira durante todo o verán. “Durante esta semana coñecimos a través das persoas usuarias da Oficina Rural de Ortigueira que a Xunta de Galicia leva a cabo un novo recorte, esta vez no verán, pola falta de planificación, tanto das vacacións como do persoal suficiente para que esta oficina poida permanecer aberta”, explica o …
O PSdeG reclama reforzos urxentes de persoal para a Oficina Rural de Ortigueira ante a falta de medios e vacantes sen cubrir
O PSdeG presenta no Parlamento unha proposición non de lei para debate en Pleno co obxectivo de esixir á Xunta medidas inmediatas que garantan o correcto funcionamento da Oficina Rural Comarcal de Ortigueira, un servizo esencial para o sector primario da comarca e para a atención directa á veciñanza do rural. Os socialistas denuncian que …
O PSOE-PSdeG denuncia que Rueda mantén o Ortegal en “abandono” tras dous anos de goberno
O PSdeG-PSOE provincial da Coruña mantivo unha reunión de traballo con alcaldes, voceiros e secretarios xerais do Ortegal para facer balance dos dous anos de goberno de Alfonso Rueda, concluíndo que a comarca se atopa nunha situación de “abandono” por parte da Xunta. Entre as principais conclusións desta análise, os socialistas esixen á Xunta de …
O PSdeG levará ós concellos de Ortegal a reivindicación dunha ambulancia medicalizada na comarca
Logo de reclamalo tamén no Parlamento de Galicia, o PSdeG levará agora aos plenos municipais dos diferentes concellos da comarca de Ortegal a reivindicación á Xunta dunha ambulancia medicalizada para a bisbarra. O texto da moción insta á Xunta de Galicia a que dita ambulancia teña base permanente na comarca, garantindo “unha cobertura adecuada das …
O PSdeG reclama no Parlamento galego unha ambulancia medicalizada para a comarca de Ortegal
O PSdeG-PSOE reclama no Parlamento de Galicia unha ambulancia medicalizada para a comarca de Ortegal. O deputado autonómico socialista Aitor Bouza sinala que se trata dunha “demanda histórica” para a bisbarra. O parlamentario afirma que non se trata dun “capricho das veciñas e dos veciños, senón que realmente é unha necesidade real e urxente”. Para …
O PSdeG leva ao Pleno municipal de Cariño unha moción para esixir á Xunta un transporte público digno e coordinado no Ortegal
O Grupo Municipal Socialista de Cariño defenderá no Pleno municipal previsto para finais deste mes de xaneiro unha moción para reclamar á Xunta de Galicia unha mellora inmediata e unha planificación seria do transporte público interurbano na comarca do Ortegal. A iniciativa nace dunha constatación clara: a mobilidade non pode depender de ter coche propio …
O PSdeG de Cariño reclama no Pleno unha sección da Escola Oficial de Idiomas no IES Cabo Ortegal
O PSdeG-PSOE de Cariño reclama mediante unha moción no pleno municipal que se implante unha sección da Escola Oficial de Idiomas (EOI) no instituto Cabo Ortegal do municipio. O Grupo Municipal Socialista comeza argumentando que Cariño é un concello bastante illado e con carencias no transporte público, o que imposibilita a asistencia da nosa veciñanza …
Aitor Bouza alerta de que os orzamentos da Xunta de Galicia 2026 “desprazan ás comarcas de Ferrolterra e Ortegal”
O deputado socialista no Parlamento galego Aitor Bouza lamentou que os orzamentos da Xunta para 2026 “volven desprezar absolutamente as comarcas de Ferrolterra e Ortegal”, cunhas contas que cualificou de “raquíticas, decepcionantes e discriminatorias” para esta zona. Bouza asegurou que, coñecidos os orzamentos da Xunta, “o único que crece neste país son os demandantes de …
Os alcaldes socialistas de Ferrolterra reclaman máis medios e compromiso na loita contra o narcotráfico
Alcaldes e portavoces socialistas das comarcas de Ferrol, do Eume e de Ortegal reclámanlle ás diferentes administracións máis medios e compromiso na loita contra o narcotráfico. Fixérono nunha xuntanza xunto co delegado do Goberno, Pedro Blanco Lobeiras, na que se reivindicou tamén a creación dunha Unidade de Prevención e Reacción (UPR) en Ferrol, que conte …