Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

Category: Actos públicos

Debate – A Vivenda: dereito ou negocio

O encontro estará moderado por Rafael Arangüena, e supón unha nova ocación para reforzar os vínculos da nosa militancia e para compartir tempo, ideas e reflexións. Este xoves, día 30 de outubro, ás 19:30 horas na Casa do Pobo da Coruña.

O PSdeG de Zas impulsa o Premio Isabel Suárez Amado para “seguir co seu legado”

O PSdeG-PSOE de Zas pon en marcha o Premio Isabel Suárez Amado, co obxectivo de “seguir co seu legado e mantela sempre no recordo, a modo de homenaxe permanente”.  Así o deu a coñecer a secretaria xeral da agrupación socialista local Sheila Rial durante o acto de homenaxe a Suárez Amado celebrado na Casa do …

O PSdeG de Zas homenaxeará este sábado a Isabel Suárez Amado na Casa do Pobo ás 18:00

O PSdeG-PSOE de Zas dedicará o Día da Muller Rural, celebrado o pasado día 15 de outubro, á zaseira Mª Isabel Suárez Amado, cunha homenaxe que terá lugar este sábado 18 de outubro.  A Casa do Pobo, na Rúa Agra dos Cregos, acollerá ás 18:00 do sábado o acto e a entrega á familia dun …

Concentracións en contra do xenocidio do pobo palestino

A Plataforma PararLaGuerra convoca durante esta fin de semana unha serie de concentracións en toda España, en contra do xenocidio do pobo palestino e por unha paz xusta. O Partido Socialista, entre outras moitas organizacións apoiará estas accións. As concentracións en Galicia serán todas o venres día 17, e estas son as que terán lugar …

O PSdeG de Zas homenaxeará a Isabel Suárez Amado, figura clave do movemento asociativo local

O vindeiro día 18 de outubro ás 18:00, o PSdeG de Zas fará un acto de homenaxe e recoñecemento a Isabel Suárez Amado, figura clave do tecido asociativo da vila, falecida no ano 2018. Sheila Rial, voceira socialista local, sinala que será “un acto pensado dende o cariño e o respecto, no cal se outorgará …

A Secretaría provincial de Maiores e Pensións organiza un acto para conmemorar o Día Internacional das Persoas Maiores

ESTE ACTO APRÁZASE A UNHA NOVA DATA AÍNDA POR CONFIRMAR. INFORMARASE O ANTES POSIBLE DA NOVA CONVOCATORIA. Para conmemorar o Día Internacional das Persoas Maiores, a secretaria provincial de Maiores e Pensións, María José Cebreiro, organiza un acto este xoves que contará con diferentes expertos. O acto, que é aberto a todas as persoas interesadas, …

A Agrupación de Muxía celebrará unha sardiñada o sábado 30 de agosto

A festa terá lugar no parque de Quintáns e o prezo da entrada é de 7 euros.

O PSOE de Fene lembra ao socialista Ramón Souto, último alcalde republicano do municipio

-O encontro tivo lugar no Monumento á Memoria, en San Valentín, e reuniu a arredor de cincuenta persoas, entre elas familiares do homenaxeado, militantes de distintas agrupacións da comarca e representantes políticos e sociais. Fene. A Agrupación Socialista de Fene celebrou este sábado, 16 de agosto, un acto de homenaxe ao socialista Ramón Souto González, último alcalde republicano …

Os socialistas da Baña celebran o seu tradicional xantar o vindeiro 7 de xuño

O vindeiro 7 de xuño celebrarase o 21º Xantar dos Socialistas da Baña, no Campo da Festa de Troitosende, ás 14 horas. O tícket para a comida ten un custo de 25€ e podes anotarte antes do día 4 no teléfono que se indica no cartaz.

Os “Diálogos con Raíz” levan á Coruña ós maiores expertos nos retos da Intelixencia Artificial

Besteiro destacou a relevancia de celebrar a xornada nunha cidade que se vai converter “nunha referencia” coa chegada da AESIA e avanzou que o Grupo Socialista emendará a lei sobre IA que impulsa a Xunta pola súa falta de ambición Un elenco de recoñecidos expertos tanto do ámbito científico como da análise do impacto social …

O PSOE de Zas celebra o Samaín cun magosto na Casa do Pobo o xoves 31 de outubro

O PSdeG-PSOE de Zas celebrará este xoves, día 31 de outubro, o seu “Samaín Magosteiro” con castañas de balde e un concurso de disfraces.  O evento terá lugar na Casa do Pobo de Zas, situada na rúa Agra dos Cregos, a partir das 19:30. A sede da organización foi inaugurada no pasado mes de xaneiro.  …

O PSdeG provincial reivindica en Culleredo os dereitos das persoas maiores

O PSdeG-PSOE Provincial da Coruña celebrou, con motivo da conmemoración do Día Internacional das Persoas de Idade o pasado martes 1 de outubro, un acto de reivindicación dos dereitos das persoas maiores no Edificio de Servizos Públicos do Burgo, en Culleredo. O evento foi organizado dende a Secretaría de Maiores da Comisión Executiva Provincial da …

A Secretaría provincial de Maiores organiza unha xornada para conmemorar o Día Internacional das Persoas de Idade

-Terá lugar en Culleredo o vindeiro martes, día 1 de outubro, e constará de tres charlas. A secretaria provincial de Maiores (María José Cebreiro), en colaboración coa compañeira Penélope López, concelleira de Servizos Sociais en Culleredo, organiza o vindeiro martes día 1 de outubro unha xornada para conmemorar o Día Internacional das Persoas de Idade. …

O PSdeG homenaxeará en Ponteceso ás alcaldesas socialistas para poñer en valor as políticas de Igualdade

O PSdeG-PSOE Provincial da Coruña e a Agrupación Socialista de Ponteceso organizan un acto de homenaxe ás alcaldesas socialistas. Nel farase un recoñecemento especial á alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, nada en Ponteceso.

Albares, Nico Casares, Inés Rey e Besteiro piden o voto para o PSOE na Coruña para “dicirlle non á ultradereita e si á Democracia, á Igualdade e á Xustiza”

O líder dos socialistas galegos aféalle a Rueda e Feijóo que fixeran de “tradutores á súa maneira” na visita de Von der Leyen: “cando ela falaba de democracia e liberdade, eles omitían os seus pactos con Vox” O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, pediu hoxe o voto nas eleccións europeas para “dicirlle …