Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

Os socialistas de Ortegal denuncian que Cedeira, Cerdido ou Mañón “non teñen ningún investimento nos orzamentos da Xunta”

Os socialistas da comarca de Ortegal denuncian que concellos como os de Cedeira, Cerdido ou Mañón “non teñen ningún investimento nos orzamentos da Xunta de Galicia para 2025”. 

Así o expresou Silvia Longueira, deputada socialista responsable desta comarca no Parlamento galego, que lamentou que as contas “volven deixar fóra de xogo á gran maioría dos concellos da comarca”. 

“É o caso de Cedeira, por exemplo, onde o seu alcalde leva todo o mandato intentando ser recibido polos responsables da Xunta de Galicia, tanto para a consecución do Centro de Saúde como para outro tipo de investimentos”, indicou a socialista. 

“Porén, nin sequera foi atendido nos despachos de San Caetano, un problema recurrente para os alcaldes e alcaldesas de distinto signo político á Xunta”, criticou Longueira. 

A deputada concluíu afirmando que 2025 será “outro ano perdido para a comarca do Ortegal no que aos orzamentos da Xunta se refire, a pesar de ser unha comarca moi necesitada de investimentos tanto en infraestruturas como en servizos para toda a poboación”. 

Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes