O PSOE da Laracha advirte de que “a veciñanza e as empresas larachesas van ser vítimas do sablazo do Partido Popular”
Inés Ramos López, voceira do PSdeG-PSOE da Laracha, alerta do “desenfrenado incremento de impostos que van a pagar a veciñanza e empresarios de Laracha”.
“É un sablazo fiscal, unha subida que vai danar a economía da veciñanza sen un retorno xustificado. É unha medida que demostra o libre albedrío co que goberna José Manuel López Varela que nunca tivo entre os seus obxectivos facer da Laracha un concello próspero”, sinala Inés Ramos.
A decisión de subir unha serie de taxas e tributos tomouse co voto en contra do Grupo Socialista, e este advirte de que a medida vai mermar as economías das e dos veciños e das empresarias e empresarios. O incremento do 27% no rural e un 17% na zona urbana supón que os veciños van a pagar máis impostos pola recollida do lixo, o IBI e outros impostos.
En palabras do alcalde larachés do Partido Popular, José Manuel López Varela, isto faise para “xustificar” un equilibrio orzamentario e implementar os servicios que presta o Concello. Segundo aclara Inés Ramos “esta xustificación non a apreciamos por ningures. Nin hai servizos ni tan sequera llos demanda á Xunta de Galicia”.
“Vivimos un ninguneo dos dereitos que nos competen como cidadáns de Laracha. Iso si, para pagar as subas de tributos e taxas, aí si que temos obrigas. Pero eles ou esquecen as súas ou nin sequera saben que as teñen”, finalizou Inés Ramos.
Palabra clave
También te puede interesar...
RRSS