O PSOE de Sada traballa xa no proxecto dunha plataforma de baño que logrou no acordo dos Orzamentos 2024
A voceira socialista, Almudena Pena, indica que esta instalación permitirá o baño en marea baixa, ata agora imposible na praia de Sada
A voceira socialista en Sada, Almudena Pena, celebra o inicio dos trámites para construir unha plataforma de baño na praia de Sada. Este proxecto foi un dos requisitos do PSdeG-PSOE local para aprobar os orzamentos de 2024 no Concello de Sada.
“Esta plataforma permitirá o baño na praia cando haxa tanto marea alta como marea baixa. Solucionarase así un dos problemas principais da praia de Sada, onde non é posible o baño en marea baixa”, indica a voceira socialista en Sada.
Dende a agrupación local indican que xa están traballando co Goberno local nos trámites necesarios para impulsar a iniciativa. “Xa mantivemos varias reunións para perfilar este proxecto, que garantirá o respecto ao medio ambiente e terá un mínimo impacto visual”, indica Pena.
En total, o proxecto conta cunha partida de 30.000 euros no orzamento do Concello de Sada, que contou coa abstención do grupo socialista para faciltiar a súa aprobación. “A prioridade dos socialistas é Sada, por iso esiximos este tipo de proxectos, que repercutirán positivamente na vila, a cambio do noso apoio”, engade a socialista. O proxecto, que aínda se está a perfilar, inspírase noutras solucións en países de Europa ou na plataforma de baño que se proxecta no Parrote (A Coruña).
Palabra clave
También te puede interesar...
RRSS