Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

Category: Municipios

O PSOE de Coristanco reclama a eliminación do antigo depósito de auga no Outeiro, “tal e como prometeu o alcalde”

-A veciñanza trasladou ao voceiro socialista José Manuel Pérez Abelenda numerosas queixas ante un depósito obsoleto que representa un risco para a saúde pública e o medio ambiente O PSdeG-PSOE de Coristanco solicita a eliminación do antigo depósito de auga no Outeiro, ubicado na parroquia da Agualada, “tal e como lle prometeu o alcalde Juan …

O PSOE de Carballo pide ao concello os resultados nas analíticas da piscina logo do seu peche pola presenza dunha bacteria

-María Carmen Vila critica a falta de explicacións ao respecto por parte do alcalde ante o risco que isto puido supoñer para as persoas usuarias O PSdeG-PSOE de Carballo preguntou ao Goberno local polos resultados das analíticas da auga da piscina municipal nos últimos tres meses, despois de que fose pechada pola presenza dunha bacteria. …

O Grupo Parlamentario Socialista reclámalle á Xunta unha reforma integral dos tres centros educativos públicos de Betanzos

Julio Abalde esixiu que se planifiquen as actuacións para arranxar tanto os edificios principais coma os polideportivos e que eses traballos se doten das contías económicas necesarias O Grupo Socialista no Parlamento galego reclamoulle hoxe á Xunta, a través dunha proposición non de lei, fondos para acometer unha reforma integral dos tres centros educativos públicos …

O PSdeG-PSOE de Ordes denuncia no Pleno o alarmante nivel de gasto social do Concello

Ordes.- O grupo municipal do PSdeG-PSOE de Ordes, a través da concelleira Noelia Rivadas López, levou ao último pleno municipal unha pregunta dirixida ao alcalde en relación cos datos recollidos no Informe de Fiscalización da Conta Xeral das Entidades Locais de Galicia do Exercicio 2023, elaborado polo Consello de Contas de Galicia. Segundo este informe, …

O PSOE de Coristanco solicita a eliminación de barreiras nas berrarúas da Cuca, en San Xusto

-O voceiro socialista José Manuel Pérez Abelenda sinala que o goberno municipal debe asumir a súa responsabilidade de facer unhas rúas accesibles O PSdeG-PSOE de Coristanco solicítale ao Concello a eliminación de barreiras nas beirarrúas do lugar da Cuca, na parroquia de San Xusto. Dende o Grupo Municipal Socialista expresaron a súa fonda preocupación e …

O PSOE de Teo critica a falta de avances na xestión municipal no ecuador do mandato

– Denuncian a paralización de proxectos clave como o polígono industrial, o centro de saúde da Ramallosa ou o contrato do lixo, e cuestionan o uso da comunicación institucional por parte da alcaldesa O Grupo Municipal Socialista de Teo cuestiona o balance de xestión realizado pola alcaldesa Lucía Calvo, do Partido Popular, ao cumprirse dous …

O PSdeG de Cerdido lamenta que o goberno local do PP non presentase os orzamentos de 2025

-O voceiro socialista Brais Prieto sinala que “non hai ningunha nova real do estado dos presupostos” e que “é a segunda vez que pasa isto mesmo no que vai de lexislatura” O Concello de Cerdido, gobernado con maioría absoluta polo Partido Popular, non conta aínda con presupostos para o presente ano 2025. Dende o PSdeG-PSOE …

O Parlamento aproba unha proposta do Grupo Socialista para emprazar á Xunta e ao Concello de Oleiros a que acorden a mellora da seguridade na estrada que cruza O Couto

–Julio Abalde reclama que “deixen de utilizar aos veciños e veciñas como arma arreboladiza” e acorden unha solución que “non é nin excesivamente custosa nin difícil” A Comisión de Obras Públicas do Parlamento aprobou hoxe por unanimidade unha proposición non de Lei presentada polo Grupo Socialista para emprazar á Xunta e ao Concello de Oleiros …

O Grupo Parlamentario Socialista acusa ao PP de bloquear a dragaxe do porto de Lorbé -Oleiros-

–Julio Abalde advirte que a perda de calado inhabilita boa parte do porto e a intervención é “imprescindible para garantir a actividade da flota pesqueira” O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio Abalde, acusou hoxe ao PP de bloquear a dragaxe do porto pesqueiro de Lorbé, en Oleiros, para retirar os áridos e sedimentos …

O PSdeG critica en Ferrol que o PP e o BNG voten en contra da creación dun clúster da industria da Defensa na cidade

-”Isto formaba parte dese famoso Pacto de Estado por Ferrol, supoño que estará na lista de pendentes, xunto co solo industrial e o resto” ironizou Ángel Mato en referencia ao pacto impulsado por Feijóo en 2021 O PSdeG-PSOE criticou en Ferrol que o PP e o BNG votasen en contra da creación dun clúster da …