O PSdeG reclama no Parlamento a reapertura da Oficina Rural de Ortigueira durante todo o verán
O Grupo Parlamentario Socialista reclama no Parlamento de Galicia o restablecemento do horario normal da Oficina Rural de Ortigueira durante todo o verán.
“Durante esta semana coñecimos a través das persoas usuarias da Oficina Rural de Ortigueira que a Xunta de Galicia leva a cabo un novo recorte, esta vez no verán, pola falta de planificación, tanto das vacacións como do persoal suficiente para que esta oficina poida permanecer aberta”, explica o deputado socialista Aitor Bouza.
Bouza leva esta reivindicación ao Parlamento co obxectivo de “que se incremente o persoal que poida atender a todas as persoas que no medio rural precisan desta oficina”, para que non teñan que acudir a outros municipios.
“Esiximos ao señor Rueda que garanta durante todo este mes, durante todo o período estival, que poida haber unha atención de calidade, que non se sufra un novo recorte e, sobre todo, que se garantan os dereitos das persoas”, engade.
Demandou tamén “unha planificación durante todo o ano”, destacando que esta cuestión é responsabilidade da Xunta de Galicia. “O que non pode ser é que o rural galego volva ter un ataque frontal da Xunta de Rueda”, apunta.
Rematou reclamando novamente “que se poña unha solución de inmediato para que non teñan que acudir a outras localidades, sexan próximas ou non”.
Palabra clave
También te puede interesar...
RRSS