Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

O Grupo Socialista acusa ao PP de votar “en contra dos veciños e veciñas de Oroso” ao negarse a que a Xunta cofinancie o novo pavillón polideportivo

  • Aitor Bouza lamenta que “castigan ao Concello” que vén de retirar o proxecto do novo pavillón ao carón do CEIP Camiño Inglés, onde pedía a veciñanza

O portavoz de Educación do Grupo Socialista, Aitor Bouza, acusou ao PP de votar no Parlamento “en contra dos veciños e veciñas de Oroso” ao rexeitar a proposta que levou á Comisión de Economía do Parlamento para reclamarlle á Xunta que cofinancie un novo pavillón polideportivo en Oroso. O responsable socialista acusou ao PP e ao goberno galego de “poñer escusas de mal pagador” para furtar a infraestrutura que xa estaba programada.

Bouza lembrou que o pavillón, que inicialmente ía ser construído ao carón do CEIP Camiño Inglés, contaba con informes técnicos, urbanísticos e orzamentarios e ata tiña os recursos da Deputación da Coruña enriba da mesa para ser cofinanciado entre o ente provincial, a Xunta e o Concello. Sen embargo, o alcalde decidiu rescindir o proxecto, obrigando a reiniciar todo o procedemento “en canto nos diga onde quere levalo, que a día de hoxe non se sabe”.

O responsable socialista lamento este “incomprensible choque de intereses” entre o goberno galego e o Concello, os dous gobernados polo PP, no que prexudican á cidadanía que a día de hoxe carece dunha infraestrutura necesaria. Así llelo fixeron saber, explicou, ao Concello cunha recollida de sinaturas masiva pedindo que o pavillón se mantivera na finca que tiña asignada hai xa dous anos.

Esta é a segunda vez, apuntou, que rexeitan a construción do novo pavillón, logo de que votaran en contra da emenda do Grupo Socialista aos Orzamentos no pasado mes de decembro. Lembrou que o goberno galego ten “competencias e orzamento” para resolver esta carencia que se repite en numerosos concellos galegos, que padecen a falla dun plan de rehabilitación e construción de novas infraestruturas deportivas.

Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes