O PSdeG denuncia os “recortes encubertos” da reforma da atención primaria por parte da Xunta
- Nunha reunión con persoal sanitario na Laracha advirte de que “supón máis carga de traballo, incluso o peche dalgún centros de saúde”
O PSdeG-PSOE reuniuse con persoal sanitario do PAC da Laracha e o PAC de Ponteceso co obxectivo de coñecer a súa situación e as súas demandas, especialmente con respecto á nova reforma da Atención Primaria impulsada pola Xunta de Galicia.
Nesta xuntanza participou Patricia Iglesias, deputada socialista no Parlamento de Galicia, así como portavoces socialistas da comarca. Estiveron o voceiro en Ponteceso, Lois Carballido, e a voceira na Laracha, Inés Ramos, así como o voceiro en Coristanco e coordinador comarcal José Manuel Pérez Abelenda.

Iglesias denunciou que “O Sergas quere levar a atención primaria de volta aos anos 90” e sinalou que o persoal sanitario trasladoulles “a súa preocupación polo decretazo que acaba de impoñer ao Sergas unha reforma feita sen consenso, de costas ao persoal sanitario e que supón máis carga de traballo, incluso o peche dalgún centros de saúde”.
Para a socialista, esta reforma suporá “máis precariedade e, sobre todo, peor atención sanitaria aos veciños e ás veciñas da comarca. “Mentres faltan médicos e persoal sanitario, o SERGAS responde con máis improvisación e con recortes encubertos”, engade. “Nós xa rexistramos no Parlamento de Galicia unha iniciativa para esixir reverter esta decisión unilateral do SERGAS e establecer un mecanismo de estudio, de análise, coa participación dos profesionais para reforzar a atención primaria e os PACs na comarca”, indica a deputada.
Palabra clave
También te puede interesar...
RRSS