O PSdeG levará ao Parlamento galego a reivindicación de máis persoal de orientación e apoio no colexio de Ponzos
- Aitor Bouza denuncia que o profesorado do centro está “absolutamente saturado, particularmente o equipo de orientación”
O PSdeG-PSOE reuniuse coa ANPA do CEIP de Ponzos, en Ferrol, co obxectivo de escoitar as súas reivindicacións e trasladalas ao Parlamento de Galicia. O deputado socialista nesta cámara Aitor Bouza participou nesta xuntanza.
Bouza lembra que a ANPA leva dende as últimas semanas reclamándolle á Consellería de Educación e a Alfonso Rueda que atendan as súas necesidades, “non por un capricho, senón xustamente por unha necesidade real do alumnado deste centro educativo”.
O parlamentario critica o aumento da matrícula no centro e que, a día a de día hoxe, “o hoxe o persoal docente estea absolutamente saturado, particularmente o equipo de orientación”.
“Falamos de equipo de orientación por denominalo dalgunha forma”, apunta Bouza, xa que as persoas encargadas de facer as valoracións do alumnado con necesidades educativas ou “todas esas funcións que se lles encomendan dende a Xunta de Galicia” están “absolutamente desbordadas”.
“Polo tanto, dende o Partido Socialista, o que non imos a permitir é que siga este colapso absoluto nos centros educativos e particularmente no CEIP Ponzos”, indica o deputado socialista, en liña do que reivindica a comunidade educativa.
Anuncia que levará ao Parlamento de Galicia esta cuestión para esixirlle á Xunta “que non deixe abandonados aos alumnos e ás alumnas do CEIP Ponzos e que se garanta a tempo completo un orientador ou orientadora” para o vindeiro curso escolar.
Reclama tamén “que se evite ese modelo de compartir con outros centros educativos, porque as funcións que realizan os orientadores e orientadoras son fundamentais”, e “valorar a todas esas persoas, a todos eses alumnos e alumnas que precisan tamén dunha atención educativa”.
Pide así mesmo que se reforce o número de profesores e coidadores, “especificamente para o alumnado con necesidades educativas, e tamén o propio profesorado de pedagoxía terapéutica e audición e linguaxe neste centro educativo”. “Iso será o que levaremos a través dunha batería de iniciativas, e exiximos, polo tanto, que non fiquen desatendidas as demandas da comunidade educativa, que o único que reclaman é ter unha educación pública de calidade, con recursos suficientes”, conclúe.
Palabra clave
También te puede interesar...
RRSS