Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

Patricia Iglesias reclama no Parlamento unha ambulancia medicalizada para a Costa da Morte

  • A deputada socialista considera “imprescindible para ter unha atención de urxencia e de calidade” non ter que depender da que actualmente é a máis cercana, na Coruña

O PSdeG-PSOE reclama no Parlamento de Galicia unha ambulancia medicalizada para as comarcas da Costa da Morte, considerándoa “esencial e imprescindible para ter unha atención de urxencia e de calidade”.

Como indica a parlamentaria socialista Patricia Iglesias, “25 anos, que se di pronto, é o que levan esperando os veciños e as veciñas da Costa da Morte e de Bergantiños por ter unha ambulancia medicalizada”.

“Pensemos nun infarto ou un ictus, onde realmente un minuto é esencial e cuestión de vida o morte”, indica a deputada, que lembra que “a ambulancia medicalizada máis cercana está na Coruña, a 30.000 minutos da capital de Bergantiños, de Carballo”.

“É moito tempo, tamén do outro hospital, o comarcal de Cee”, lamenta Iglesias. “Os núcleos de poboación da Costa da Morte están moi espallados, polo que é imprescindible e necesario que se dote dunha ambulancia medicalizada a esta comarca”, engade.

Patricia Iglesias subliña que se trata dunha reivindicación histórica “tanto da veciñanza como tamén do Partido Socialista” en diferentes lexislaturas. “Volveremos insistir”, recalca.

“Esixirémoslle á Xunta de Galicia, ao goberno galego e ao Sergas que doten dunha vez por todas a esta comarca dunha ambulancia medicalizada”, conclúe a deputada socialista.


Patricia Iglesias – ambulancia Costa da Morte – mar26

Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes