O PSdeG levará ao Parlamento galego a falla de profesorado de latín no IES Concepción Arenal de Ferrol
- Aitor Bouza alerta das consecuencias para o alumnado, en particular o de 2º de bacherelato, “que ten que acudir a unhas probas de selectividade nos vindeiros meses”
O PSdeG-PSOE levará ao Parlamento de Galicia a falla de profesorado de latín no IES Concepción Arenal de Ferrol, logo de que non se cubrisen as vacantes por xubilación de docentes desta asignatura en varios institutos de Galicia.
O parlamentario socialista Aitor Bouza calificou esta situación de “nova falta de respecto da Xunta de Galicia do señor Rueda á comunidade educativa”. “Lamentamos profundamente que o alumnado teña que padecer as inclemencias da Xunta”, engadiu.
Para Bouza, a ausencia de profesorado deriva da incapacidade do goberno galego e a Consellería de Educación de garantir persoal suficiente nos centros educativos: “Por culpa desta mala xestión, a día de hoxe non está cuberta a praza do profesor ou profesora de latín”.
O deputado socialista incidiu nas consecuencias que esta problemática ten para o alumnado. “Especialmente, o de segundo de bacharelato, que ten que acudir a unhas probas de selectividade nos vindeiros meses”, subliña Bouza.
“Dende o Partido Socialista levaremos este tema ao Parlamento de maneira inmediata”, indica o socialista. “Esiximos á Xunta de Rueda a que poña unha solución de maneira clara, efectiva e inmediata para que o alumnado teña o seu profesor ou profesora de latín no IES Concepción Arenal de Ferrol”, conclúe.
Palabra clave
También te puede interesar...
RRSS