Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

O PSdeG volverá reclamar no Parlamento galego que a Xunta reciba e escoite aos propietarios e propietarias das Fragas do Eume

  • O secretario xeral do PSdeG provincial Bernardo Fernández Piñeiro e o parlamentario socialista Aitor Bouza participaron na concentración convocada polas asociacións de persoas afectadas hoxe en Ferrol 

O PSdeG-PSOE participou na concentración convocada hoxe fronte á delegación territorial da Xunta de Galicia en Ferrol polas asociacións de propietarios e propietarias de parcelas nas fragas do Eume, co obxectivo de amosar apoio ás súas reivindicacións. 

O secretario xeral do PSdeG provincial e alcalde de Pontedeume, Bernardo Fernández Piñeiro, subliñou a súa vontade de “acompañar, respaldar e apoiar aos propietarios das fragas do Eume nas que entendemos que son as súas xustas reivindicacións, que facemos nosas como partido”. “Tamén para defender as propias reivindicacións que temos os concellos como tal, que tampouco foron atendidas pola Xunta”, engade. 

“Seguimos insistindo na necesidade de que se chegue a un acordo cos propietarios para pagar un prezo xusto polas súas parcelas ou para establecer sistemas de compensación como hai noutros territorios do estado español, como poida ser Asturias, Cantabria ou País Vasco dende hai décadas”, explica o socialista. 

Como rexedor de Pontedeume esixiu tamén “que por parte da Xunta de Galicia se habilite dunha vez por todas un aparcadoiro disuasorio que impida que os vehículos entre no parque natural, que impida que se conxestione o parque co tráfico durante as épocas de máis visitantes”.

Advertiu do “perigo que isto pode supoñer se algún día pasa algo”, e recalcou que “se chegase a pasar, a pesar de estar advertidos en moitas ocasións, eses responsables terán nomes e apelidos, e será o persoal e responsables políticos da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia”. 

Fernández Piñeiro quixo denunciar tamén “o facer que fago da Xunta de Galicia nos últimos tempos, de vender a bombo e platillo que mercan 6 parcelas, 10 parcelas, 11 parcelas, como se iso fose algo de gran relevancia cando estamos a falar dun parque natural que ten miles de parcelas”. 

“A maioría dos propietarios están todos da man, respaldando as reivindicacións que dende as dúas asociacións están a trasladar dende hai xa bastante tempo á Xunta de Galicia”, concluíu o secretario xeral provincial. 

Pola súa banda, o parlamentario socialista Aitor Bouza sinala que seguirá a reclamar no Parlamento galego “que a conselleira de medio ambiente os reciba e que escoite as súas demandas, para que se cumpra a lexislación e que se pague un prezo xusto polos propios terreos, que son de todos e de todas elas”. Criticou tamén “o intento de grandes titulares con migallas que fai que esa xestión demostre que é absolutamente pobre”. 

“Queremos que a Xunta de Galicia cumpla coas súas propias funcións e a atenda todas estas reivindicacións”, e polo tanto “que lles dea solucións aos seus problemas de maneira absolutamente inmediata”, subliña o deputado socialista. 

“Xa o fixemos nos orzamentos, xa o fixemos nas propias comparecendias que houbo da conselleira, e seguiremos facéndoo a través de iniciativas parlamentarias, para que se cumpra, e como outros modelos que hai xa noutras comunidades autónomas se poida poñer fin a este absoluto desprezo que está a facer a Xunta de Rueda a todos estes propietarios e propietarias”, rematou Bouza.


Bernardo Fernández – Fragas do Eume – xan26
Aitor Bouza – Fragas do Eume – xan26
Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes