Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

Silvia Longueira califica de “decepcionantes” os orzamentos da Xunta para as comarcas da Coruña e Betanzos, “sen apenas investimentos directos”

  • A parlamentaria socialista lamenta que apenas haxa investimentos para o saneamento e abastecemento de auga e para mellorar a mobilidade peonil en Oza-Cesuras

A deputada socialista no Parlamento galego Silvia Longueira califica de “decepcionantes” os orzamentos de 2026 anunciados pola Xunta para as comarcas da Coruña e Betanzos, “sen apenas investimentos directos” na zona.

Para a comarca da Coruña, Longueira sinala que unicamente hai investimentos “para o saneamento e abastecemento das augas, que ademais é unha das demandas que durante anos se leva facendo polos diferentes vilas desta contorna”. “Outras partidas non son coñecidas nin se lle esperan á Xunta de Galicia”, lamenta.

Para a comarca de Betanzos indica que “agás Oza-Cesuras, que ten un orzamento de 1 millón de euros para mellorar a mobilidade peonil, e Vilarmaior que leva de augas de galicia 100.000 euros para mellorar os sistema de abastecemento, todos os demais quedan sen ningun investimento directo”.

“Todo isto a pesar de ser unha das comarcas máis puxantes e máis crecentes da provincia da Coruña, xa que tanto Betanzos como Miño, por exemplo, son dous dos concellos de Galicia que crecen continuamente en poboación, pero a Xunta de Galicia non dá ningunha resposta”, explica.

“Para Rueda parece que todo é crecemento, pero, na realidade, o único que crece neste país son os demandantes de vivenda, os demandantes de axuda á dependencia e os demandantes de atención sanitaria”, critica a socialista.

Tamén criticou que Rueda “manteña a súa aposta polas rebaixas fiscais aos máis ricos, o que crea un déficit de financiamento que se compensa reducindo o Estado do benestar”.

Denuncia así mesmo que e a Xunta “vai pagar 1.858 millóns de euros pola súa débeda, o máximo da súa historia, cando podería aforrar 620 millóns deles se Rueda aceptase a condonación proposta polo Goberno de Pedro Sánchez”. Finalmente, advertiu de que “os orzamentos non medran, decrecen”, xa que se incrementan só nun 2,1 % mentres que o IPC vai pechar nun 2,8 ou 2,9 %.


Silvia Longueira – orzamentos Betanzos – out25
Silvia Longueira – orzamentos A Coruña – out25
Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes