Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

O PSOE de Monfero valora positivamente os investimentos de 1.108.137,09 € aprobados polo concello con cargo ao POS+ da Deputación

O PSdeG-PSOE de Monfero realizou unha valoración moi positiva da aprobación no pleno do Concello de investimentos con valor de 1.108.137,09€ ao cargo do POS+ 2025 da Deputación da Coruña.

Os socialistas agradecen á Deputación “o seu apoio aos municipios da provincia, que resulta esencial para levar adiante diferentes actuacións clave para a veciñanza”.

O pleno municipal de Monfero aprobou destinar 299.665,20 euros do POS+ a gasto corrente, 80.862,13 euros á mellora do CPI Virxe da Cela e 727.609,76 euros á mellora de estradas e camiños municipais con aglomerado asfáltico.

As actuacións no colexio incluirán á substitución da cuberta do patio, a apertura de ventás tamén no patio, o pintado da zona de estacionamento de buses, o pintado dun circuíto de educación vial infantil e a substitución de parte do muro do peche perimetral do colexio.

No referente á mellora de estradas e camiños, haberá investimentos en diversas vías das parroquias do Alto de Xestoso, O Val de Xestoso, San Fiz, Vilachá e Queixeiro.

Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes