Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

O PSOE de Ordes denuncia a “teima absurda” do alcalde en recorrer as bases do Plan Único “que duplica o investimento da Deputación no municipio”

-“O problema que ten Ordes é a mala xestión do alcalde e non as aportacións da Deputación”, sostén Concepción Berdomás

A Agrupación Socialista de Ordes considera “incomprensible e inxustificable” que o concello “sexa o único da provincia que recurriu en varias ocasións ante a Xustiza un Plan Único da Deputación que duplicou o investimento que recibía o noso municipio na época do PP”.

“Ordes pasou de recibir 648.679 euros no 2014, co anterior goberno provincial presidido por Diego Calvo, a 1.562.033,78 euros co Plan Único do 2024”, lembra Concepción Berdomás, voceira do PSOE de Ordes.

O Tribunal Supremo deu a razón á Deputación e desestimou de forma definitiva os recursos do Concello de Ordes, tras  cinco sentenzas xudiciais previas tamén en contra.

A Xustiza dictamina que a solicitude de participar no Plan Único e o destino final dos fondos decídese libremente mediante acordo plenario, tal e como recollen as súas bases. O Concello de Ordes, nos seus reiterados recursos, defendía que debía ser competencia do alcalde.

“A creación do Plan Único a partir de 2016 multiplicou entre dúas e tres veces os fondos que reciben os concellos, entre eles Ordes, polo que resulta incomprensible que se recurra un plan que beneficiou obxectivamente ao municipio”, engade Berdomas.

“Os reiterados recursos do Concello de Ordes foron unha pérdida de tempo, recursos e cartos públicos, xa que o Concello foi condenado en múltiples ocasións a asumir sas costas dos xuízos”, lamenta a voceira socialista.  “O problema que ten Ordes é a mala xestión do alcalde e non as aportacións da Deputación”, sostén Concepción Berdomás. “A única realidade é que a creación do Plan Único co goberno de Valentín González Formoso supuxo para Ordes un incremento de máis do 100% na aportación que a Deputación realiza ao municipio cada ano para financiar obras e servizos municipais”, remata.

Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes