Saltar al contenido

¡Síguenos!

Despois de ver o programa de Becas para a Conciliación presentado por este Goberno,este grupo municipal cree que é un programa moi exclutorio e que non atende ás necesidades reais das familias de Rianxo. 14.000 mil €, 400€ / un cuatrimestre, 100€ /mes por familia,sempre e cando cumplas cos criterios establecidos nas bases para poder obtar a él, donde prima máis o IPREM e non dan cabida a outros ratios de renta en outras condicións, que os horarios laborais. Ben,polo tanto,35 familias que se poderían beneficiar desta axuda. Vostedes sinceramente creen que este programa pode ser unha boa maneira de facer “algo” pola conciliación das familias de Rianxo?? Creo que o problema deste sin sentido é a falta de criterio e a falta de conocemento dos problemas que teñen en canto á conciliación da vida laboral e familiar deste Concello. Si tuveran ondado cos coles e cos representantes das familias que son as ANPAS,sobre este tema poderían sacar , ben seguro, outras conclusións. E xa non digo, contar co resto de grupos municipais O que tratan de facer vostedes con estas becas, é o finaciamento de servizos xa existentes, cos que ben podería haberse reunido e plantexar e recoller outras opcións ,de querer darlle unha achega económica neste sentido e que canto menos, se beneficiasen máis familias de Rianxo. Este programa que plantexan ou nada,igual neste caso, ven sendo o mesmo, porque tratándose dun tema que implica unha rede esencial para calquer municipio, que son as familias, antes de facer calquer actuación económica ó respecto, debe de velar porque sexa o máis efectiva posible, que non sexa discriminatoria e o máis importante,que atenda a necesidades reais. A palabra concilición é unha dor de cabeza constante durante o curso e durante as vacacions escolares. O que calquer Concello ten que buscar é a mellor maneira de axudar a este tecido, que por outra banda promove outras áreas esenciales para a vida dun municipio, como son a educación ( aquí xogan un papel importante as Anpas, coles, instituto),a cultura ( promover actividades dentro dun plan concilia e de maneira conxunta e consensuada cos anteriores),o deporte( implicar ós diferentes clubes do Concello), o comercio( colaborar con empresas que actualmente fan servicios de conciliación, plantexar actuacións co comercio),contar coas diferentes asociacións existentes no Concello e que poden aportar moito en moitos ámbitos. Porque conciliar non só é poder entrar no cole antes e saír despois, conciliar é algo máis. Ben é certo que este problema comeza noutras instancias ( horarios laborais, comerciais…)e non van a ser os Concellos quenes resolvan esta questión, pero é certo que existen fórmulas a nivel municipal que funcionan para abordar este tema e darlle solucións a boa parte das familias. Pero para iso o que se necesita é dialogar con todos eses sectores xa mencionados, o cal durante estes meses atrás ,xa se podía haber feito este traballo, e contar para esto co resto de grupos municipais aquí representados, pois tamén temos moito que decir e sobre todo que aportar. Xa que tanto aboga por un goberno de colaboración, empece a predicar con isto, xa sabe que dende esta agrupación sempre vamos a tender unha man. Por todo o exposto, e por moitas cousas máis que implican este tema, os acordos ós que queremos chegar oxe aquí, neste pleno que vostede Julián Bustelo preside, son os seguintes: – Que nun período máximo de 2 semanas se convoque unha reunión do Concello Escolar Municipal, para tratar este e outros temas. -Que se inicie o proceso para xenerar a figura de condinadora de Anpas, para fomentar un proxecto conxunto. -Estudar a viabilidade de implantar un comedor Municipal, para dar servizo ós colexios de Rianxo e a Servizo Sociais, con programas de entrega de comida. -Que se faga unha programación bianual ( Días Sin cole, LudoNadal, Campamentos de verán,que as actividades deportivas comecen e finalicen co curso escolar, e se busque un modelo que garanta a conciliación, a mellora no ámbito deportivo mediante programas conxuntos co resto do tecido asociativo e empresarial Rianxeiro.)

PLAN CONCILIA BIANUAL

Solicitude a Portos de Galicia da creación de 2 pantaláns para transito de pasaxeiros no Muelle da “T” de Rianxo.

Co ánimo de mellorar e potenciar o turismo marítimo en Rianxo, creemos dende este GRUPO MUNICIPAL que debemos establecer un proxecto para a creación dun pantalán de pasaxe, que permita a carga e descarga de pasaxeiros, convertindo a Rianxo nun punto de interese no ámbito do turísmo marítimo, permitindo a chegada de máis veleiros, inclusión de rutas turísticas, etc Así mesmo esta proposta deberá ir acompañada cun estudio de repercusión Turística: – Estimación de nº de viaxeiros en Concellos similares que dispoñan deste servizo. – Promoción de visitas a Rianxo guiadas – Promocionar e convertir a Rianxo como punto de chegada ou saída de Rutas turísticas pola nosa Ría. Por exemplo aspirar a ser unha das paradas do programa turístico Navega_el_camino-Barbanza_Arousa – Establecer un proxecto conxunto coa hostelería de degustación de productos da nosa ría, establecendo acordos coa Cofradía de pescadores, asociacións mexilloeiras, etc O turismo marítimo creemos que debe ter un interese grande para Rianxo, xa que abriría a posibilidade de plantexar novas alternativas de visitantes á nosa vila, pero para eso necesitamos unha proposta firme, de calidade e que implique ós sectores productivos de Rianxo, así como a comercio e hostelería. Así mesmo todas estas propostas deberán ir asociadas a unha remodelación da nosa fachada marítima ( a longo prazo), a un estudo lumínico do noso pobo, co ánimo que a vista de Rianxo dende o mar sexa un referente na comarca., e xenere un atractivo añadido ós seus visitantes. NON FALAMOS DE GRANDES INVERSIÓN; senon de modificar e desenvolver un proxecto que poña a Rianxo como un dos pioneiros en desenvolver proxectos lumínicos. ACORDOS Instamos ao Grupo de Goberno de Rianxo en Común que dirixe Xulián Busteloa: – Elaborar un informe previo de análise para estimar as acción Turísticas a desenvolver en Rianxo ,e establecer as comunicacións e promocións turísticas que se poidan desenvolver xunto coa mancomunidade Arousa Norte e outros axente turísticos. – Crear unha comisión de participación donde estén reflexadas: Cofradía de Pescadores, Asociacións de comerciantes de Rianxo , Concello de Rianxo Naútico de Rianxo. – Elaborar un estudo lumínico do casco antigo de Rianxo coa finalidade de destacar a vista que dende o mar tan característica ten o noso pobo.

Solicitude a Portos de Galicia da creación de 2 pantaláns para transito de pasaxeiros no Muelle da “T” de Rianxo.

regular o uso agrícola mediante solicitude de declaración responsable sobre aquelas fincas que están lindando con carreteras munipais, provinciais ou autonómicas e carecen de valado, e durante a labranza verten terra nas beirarrúas.

Estudo de modificación da ORDENANZA NON FISCAL referente a declaracións responsables como medio de regulación de actividade agrícola e Ordenanza núm. 18, xeral de limpeza e medio ambiente.

Estudo de modificación de procedemento e trámites que afecta a Ordenanza fiscal núm. 19, reguladora da taxa por ocupación de terreos de uso público municipal con mercadorías, materiais de construción, refugallos, valados, asnelos, andamios e outras instalacións análogas

Actualmente este proceso de comunicación implica un período longo de resposta, sendo no mellor dos casos de unha semana, que en moitos casos dificulta o funcionamento normal das empresas que traballan en Rianxo e necesitan deste procedemento para poder operar. Creemos que debemos facilitar a actividade empresarial (darlle garantías de cumprimento de prazos e capacidade organizativa), e propieratari@s responsables desas obras ou actuacións que moitas veces se ben na tesitura de manexar decisións temporais a curto prazo. Vemos modelos doutros Concellos que resultan moito máis sinxelos e áxiles para quen necesita este procesos para executar a súa actividade laboral. ACORDOS Instamos ó Grupo de Goberno de Rianxo en Común encabezado por Xulián Bustelo. – Modificar os procedementos e trámites para autorizar a ocupación de vía pública. o Modificar os mecanismos de autorización. Establecer un modelo de declaración responsable áxil e sinxelo que lle permita as empresas e titulares da obra poder acurtar tempos e saber con veracidade cando poden iniciar as obras. o Actualizar a documentación que se adxunta e que sexa o máis clara e precisa posible. o Acurtar os prazos de devolución de avais, establecer mecanismos de control previos e posteriores, e que estos procesos non se dilaten 1 ano.

Estudo de modificación  de procedemento e trámites que afecta a Ordenanza fiscal núm. 19, reguladora da taxa por ocupación de terreos de uso público municipal con mercadorías, materiais de construción, refugallos, valados, asnelos, andamios e outras instalacións análogas

Vendo as declaracións e posicionamento do Alcalde Xulián Bustelo ó respecto en diferentes medios, incluso no pleno ordinario de setembro do día 28, donde afirmaba de forma categórica que non se ía ampliar o Poligono de Té; dende esta agrupaciön creemos que debemos dar pasos firmes e avanzar cara un modelo de poligono sostible; nunha ubicación distinta a que marca o PXOM na súa aprobación provisional, pero que sexa continuo ó actual, dado a premura de solucionar a habilitación de solo industrial.

Polígono de Té

Sabemos da existencia de demanda de suelo na comarca, sabemos na existencia de demanda de suelo en Rianxo, e temos a posibilidade de poñer a Rianxo no primeiro lugar na consecución de empresas instaladas.

Queremos un polígono modélico, basado na ecoeficiencia e sostenibilidade, regulando as actividades económicas  que nel se poidan realizar.

É posible crear unha  infraestrutura que soporte un  polígono orientado a un menor impacto ambiental e a un uso sociodeportivo do mesmo.

Existen esos modelos, pero para iso debemos abandonar esa idea preconcebida sobre os medelos de polígonos actuais, creemos dende este Grupo Municipal, que Rianxo non pode deixar escapar a oportunidade de xenerar postos de traballo a corte -medio prazo.

 

É posible aplicar solucións eficaces para o uso da auga, a eficiencia enerxética e fontes de enerxía alternativas e que teñan beneficio directo no aforro enerxético nas vivendas cercanas aó polígono. Existen estes modelos xa na actualidade. Si falamos de comunidades enerxéticas nos edificios públicos de Rianxo, porque non podemos falar de comunidades enerxéticas donde se plantexe esta dualidade polígono – veciñanza.

 

Debemos marcar liñas vermellas e unha delas debe ser a  Integración paisaxística ao contorno do polígono industrial mediante a revexetación con especies autóctonas e diseño integrado de zonas verdes e zonas de esparcemento

 

As propostas únicas a longo prazo serán a ruina de Rianxo, non é o mesmo desenvolver o proxecto que nos propoñemos que no prazo pridencial de 2 anos estaríamos en disposición de ocupar, que facer un polñigono novo que nos levaría 6-8 anos ademais do custo económico que levaría asociado.

 

ACORDOS

Instamos ao Grupo de Gobernación de Rianxo en Común que dirixe Xulián Bustelo.

– Establecer unha reunión urxente coa SEA nun prazo máximo de 1 mes, para sentar as bases necesarias para iniciar este proxecto de consecución de solo industrial

– Crear unha comisión de SEGUEMENTO e participación veciñal.

Presuposto 2024

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS Vendo a declaración do noso alcalde en base que “ a ver si podemos ter os presupostos para o primeiro de ano 2024”, queremos destacar a necesidade de avanzar canto antes na súa aprobación, xa que consideramos que debemos modificar as dinámicas de elaboracións actuais, e fomentar que as áreas departamentais sexan o primeiro filtro de control dos mesmo. Destacamos dúas datas: 15 de outubro .- para presentación do presupostos na súa aprobación inicial ó pleno 31 de decembro.- aprobación definitiva dos presupostos. Citamos aquí O Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, que se aproba polo texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais. TÍTULO VI Orzamento e gasto público CAPÍTULO I Dos orzamentos Artigo 168. Procedemento de elaboración e aprobación inicial. 4. Con base nos orzamentos e as previsións a que se refiren os apartados anteriores, o presidente da entidade elaborará o orzamento xeral e remitirao, informado pola Intervención e cos anexos e documentación complementaria que se detallan no apartado 1 do artigo. 166 e neste artigo, ao Pleno da corporación antes do 15 de outubro para a súa aprobación, modificación ou devolución. Artigo 169. Publicidade, aprobación definitiva e entrada en vigor. 2. A aprobación definitiva do orzamento xeral polo Pleno da corporación deberá realizarse antes do 31 de decembro do ano anterior ao ano en que deba aplicarse. 6. Se ao inicio do exercicio non entrase en vigor o correspondente orzamento, entenderase prorrogado automaticamente o anterior, cos seus créditos iniciais, sen prexuízo das modificacións que se realicen de conformidade co disposto nos artigos 177. 178 e 179. desta lei e ata a entrada en vigor do novo orzamento. A prórroga non afectará aos créditos por servizos ou programas que deban estar rematados no exercicio anterior ou que se financien con crédito ou outros ingresos específicos ou afectados. Con este aspecto queremos remarcar a necesidade de iniciar un proceso participativo e basado na pluralidade, que o reflexo de reparto plenario manifesta, e que expón a necesidade imperiosa de chegar a acordos presupuestarios, pois o contrario manifestaría que o Grupo de Goberno pretende imporñer o seu programa electoral, tendo a representación do 30% ó resto de RianxeIROS QUE NON CONCORDARON CON EL E ELEXIRON OUTRAS OPCIÓNS. Pretendemos sentar as bases dun presupostos participativos reais, donde se debatan as propostas, e sobre todo coa capacidade crítica que permita ver que Rianxo debe estar por encima de programas electorais dada a representatividade que ten o pleno actualmente. Queremos que os presupostos permitan baixar o período de pago de facturas a proveedores e para iso debemos ser o máis rigurosos posibles, así como establecer medidas de contención de gasto, no caso de haber desvíos a posterior da súa aprobación. Teríamos un previsión de desvíos e nos permitiría ser áxiles nas respostas. En base a isto solicitamos: ACORDOS Instamos ao Grupo de Gobernación de Rianxo en Común que dirixe Xulián Bustelo. – Concovar unha comisión especial de contas para a elaboración do Orzamento 2024 – Establecer mecanismos de control nas áreas departamentais, emitindo informes económicos e de execución orzamentaria con periodicidade mensual, e cunha previsión de avance de gastos /ingresos trimestrais, e propoñendo un sistema alternativo na execución orzamanetaria que permita ver de forma lineal e interpretar de forma sinxela a evolución departamental – Solicitar orzamentos valorados ás áreas departamentais, para que os orzamentos se axusten á realidade mediante a presentación de presupostos das empresas que desenvolverán os proxectos. – Diseñar un modelo de presuposto que permita ver de forma lineal o desenvolvemento do mesmo, e que a súa vez analice o desglose específico de cada área, facendo esta análise de forma mensual para poder estimar de forma exacta dita evolución.

Presuposto 2024

MOCIÓN SERVIZOS SOCIAIS

Fondo Económico de Emerxencia Social

Sendo coñecedores de situacións de familias con escasos recursos e que por motivos de urxencia ( erros nos ingresos bancarios, pagos non previstos) se viron nunha situación de dificultade extrema para poder atender os servizos básicos familiares:

Alimentación

Luz Etc

Creemos é moi importante habilitar un fondo de compensación económica, que se marque un regulamento de uso e acceso a este fondo, que se actualice ou se faga un rexistro de persoas vulnerables que en algún momento tiverán a necesidade de acceso a este fondo.

MOCIÓN MOBILIDADE

REGULAR A MOBILIDADE NO RURAL E MELLORA DE ACCESOS ÓS COLEXIOS

Estamos vendo que o aumento de coches así como tamén das velocidades de paso coas que se circula no rural, creemos que é importante facer as actuacións necesarias para que os petaóns teñan a seguridade de poder gozar do seu entorno.

NO mesmo sentido, e vendo que iniciamos outro ano escolar sen medidas comunicadas, polo menos a este grupo Municipal, para regular as entradas e saídas dos nosos colexios, creemos que é de vital importancia, facer un traballo coordinado xunto coa Policía Local e equipos directivos dos colexios, un plan de seguridade que lles permita ós pais e nais ter a seguridade de aceso ós colexios sen contratempos.

ACORDOS
En base a esta exposición, dende este GM, acordamos INSTAR ó Grupo de Goberno de Rianxo en Común que inicie os tramites oportunos coas diferentes entidades para:

– No rural:
 Marcar zonas de cruce peonís habituais, por hábitos de uso, por frecuencia
 Marcar zonas de prioridade peonil
 Facer un estudo sobre as velocidades
 Facer un estudo sobre o tonelaxe permito, etc
– Nos Colexios:
o ADR Castelao : ZONA DE APARCAMENTO ( chegar a un acordo coa parcela que está detrás “da Autoescola Estela” e acondicionalo. Facer rutas de acceso seguras donde a Policía Municipal poida facer esa ruta, xa que dentro das súas dinámicas de traballo é a atención dos pasos peonís. Direccionar o tráfico en horas de entradas e saídas.
o BREA SEGADE: Habilitar beirarrúas, xa que un dos paos peonís dirixe directamente cara unha finca privada, carecendo de sentido. Así mesmo instamos a este Goberno a que pinte a zona de aparcamento
o Ana Mª DIEGUEZ : xerar rutas seguras de entrada ó colexio tendo prioridade de acceso os nenos/nenas, para iso solicitamos que se marquen e se notifiquen esas liñas seguras de acceso e se tomen as medidas necesarias para para que así sexan.

MOCIÓN SERVIZOS SOCIAIS

INICIAR A REHABILITACIÓN DAS VIVENDAS DOS MESTRES E ESPAZOS COLINDANTE

Dada a situación do estado actual dos inmobles e como medida urxente para beneficio social, dende esta grupo Municipal creemos que é de especial interés iniciar a finalización de acondicionamento das diferentes vivendas, xa que de non facelo correríamos o risco de:

 

–              Mal uso dese espazo, SENDO OCUPADO DE FORMA ILEGAL

–              Máis inversión por deterioro e actos vandálicos

–              Utilizar ese espazo para outro fin.

 

A sí mesmo, os espazos que están por detrás deste inmoble e que conecta co Antigo edificio da casa do Mar ( Clínica Vella,), é un espazo favorable para poder recuperar, xa que permitiría habilitar unha zona verde, donde agora mesmo solo hai “maleza”, e lles daría a posibilidade ós veciños e veciñas a gozar dun espazo natural no medio do noso pobo, sendo ademais un espazo de esparcemento para as persoas que habiten nas casas dos mestres.

QUEREMOS que se habilite unha das  plantas baixas como zona social, zona común interactiva para os veciños e veciñas que decidan ocupar eses espazos.

Así mesmo instamos a que se faga un regulamento e se  adiquen estas vivendas a persoas que vivan solas/os no noso rural  e de forma voluntaria decidan acceder a estas vivendas, levando asociado un acordo de alquiler da súa casa “en orixe” a baixo prezo ( tamén debería ser regulado) para fomentar a ocupación de vinedas no rural.

Instar o Goberno a que dote estas vivendas de servizo do SAF, paa facilitar así mesmo a atención a estas persoas, así tamén todos os servizos que puideran favorecer a atención ás persoas maiores que alí vivan: comida, limpeza…

Iniciar as comprobacións oportunas para ver a titularidade, lindeiros, etc dos espazos colindantes e habilitar ese espazo como zona de esparcemento social, dentándoo de mobiliario: bancos, etc así como “xogos” xadrez etc.