Saltar al contenido

¡Síguenos!

Os socialistas esixen que a nova Ordenanza de Xestión de Residuos recolla a implantación dun sistema propio de recollida para o casco histórico: colocación, retirada e limpeza diaria dos colectores de lixo por un período de tempo limitado e en horario nocturno

  • As emendas presentadas polo PSOE ao borrador da Ordenanza tamén lle solicitan ao Concello que garanta a existencia de contedores de pilas, aceites de comida e roupa usada e téxtiles en cada un dos barrios e parroquias do noso municipio

Pontevedra, 29 de febreiro de 2024.- Os socialistas de Pontevedra queren que a nova Ordenanza de Xestión dos Residuos de Competencia Municipal, aínda en fase de tramitación, recolla o compromiso do Concello de implantar no centro histórico, así como noutras zonas que se poidan determinar como asimilables, «un sistema propio de recollida», como mínimo da denominada fracción resto (fracción dos residuos de orixe doméstico obtida unha vez efectuadas as recollidas separadas) e dos residuos orgánicos. En concreto, a proposta do Grupo do PSOE propón que, nestes espazos da zona monumental, a colocación, retirada e limpeza diaria dos colectores se realice «por un período de tempo limitado e en horario nocturno».

A proposta incluíuse entre as diversas emendas de adición e modificación presentadas polos socialistas ao borrador da Ordenanza (esta afectaría ao seu artigo 24), que veñen de asinar e rexistrar o seu portavoz, Iván Puentes, e mailo concelleiro Manuel Fariña. Nunha destas achegas tamén se lle solicita ao Goberno Local a inclusión dun novo parágrafo no artigo 24 da mesma, de xeito que o Concello deba garantir «a existencia de contedores de pilas, aceites de comida utilizados e roupa usada e téxtiles en cada un dos barrios e parroquias do noso municipio».

Tal e como explica Iván Puentes, o PSOE pide ademais a modificación do segundo parágrafo do artigo 20, concretando o compromiso e responsabilidade do Concello e substituíndo a expresión «o Concello facilitará espazos e sistemas para o intercambio de bens…» por «o Concello estará obrigado a facilitar espazos e sistemas para o intercambio de bens para evitar que se convertan en residuos, así como facilitar outras prácticas que estimulen a súa reutilización». «Unha das nosas emendas -sinala Puentes- plantexa a adición dun novo artigo, entre o 33 e o 34, que defina as ‘Normas relativas aos residuos de aceites de comida usados’, especificando que esta fracción inclúa as graxas de orixe animal ou vexetal (aceites de oliva, de sementes de xirasol e outras, etc.) utilizados no cociñado de alimentos nos ámbitos doméstico, de centros e institucións, hostalaría, restauración e análogos. Segundo o texto que propoñemos, estas deberán separarse na orixe e entregarse en: contedores específicos para esta fracción, en base ao criterio mencionado no artigo 24 da Ordenanza; Punto Limpo; e outros circuítos habilitados, como a recepción en puntos que puideran formar parte da responsabilidade ampliada do produtor».

Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes